planeta_galego
Táboa de Contidos
Planeta Galego
Enderezo
http://www.planetagalego.info/ → http://www.degalicia.org/pg → http://www.degalicia.org/planeta-galego → http://planetagalego.blogaliza.org/
Acerca deste proxecto
- Proxecto derivado de Fillos de Galicia.
- Quixo ser o webzine de referencia da Diáspora Galega.
- Naceu en 2003 a partir da revista online de Fillos de Galicia, chamada A Nosa Voz.
- Nacera soportado en PostNuke e fora migrado a Wordpress.
- O 10/10/2007 chegara aos 300 artigos publicados.
- Tras varios intentos de reactivalo, hoxe en día esmorece sen actualizacións.
- Foi migrado xunto co resto de blogs de Fillos de Galicia a Blogaliza dentro do proceso Fillos 5.0.
- Por algunha migración mal realizada, a redirección do dominio á súa nova ubicación como blog en Blogaliza non funciona.
- O magnífico deseño que fixera Martiño Picallo para a súa etapa PostNuke perdeuse no traspado a Blogaliza, aínda que nós fixéramos xa unha adaptación moi xeitosa da plantilla para a súa etapa como Wordpress aloxado no noso hosting, plantilla que Blogaliza non conservou.
- A finais de agosto de 2013 descubrín que o blog na súa ubicación en Blogaliza xa non estaba accesible e saltaba para a capa, se cadra debido aos cambios que durante este ano está a sufrir Blogaliza.
- Posteriormente ese problema resolveuse pero descubrín que se cadra desde xuño de 2012 o dominio non fora renovado, por algún erro, e que estaba de novo dispoñible.
- En marzo de 2014 volvino rexistrar para Fillos de Galicia coa intención de reapuntalo correctamente ao blog correspondente en Blogaliza.
Últimas entradas publicadas neste blog
- Houbo un erro ao tentar obter esta corrente RSS: http://planetagalego.blogaliza.org/feed/
planeta_galego.txt · Última modificación: 2014/03/12 08:56 por casdeiro