Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


historial_deste_wiki

Historial deste wiki

  • 2022-04-10: O wiki pasa a un segundo plano e o blog De(s)Varia Materia convírtese no contido ao que se accede directamente a través do dominio Casdeiro.info.
  • 2013-03-29: Dou por rematada a actualización do wiki. Realizo unha actualización á última versión do Dokuwiki (2012-01-25b Angua). O aspecto gráfico tamén muda automaticamente nesta nova versión. Non se pode dicir que me guste demasiado o novo pero tempo haberá de mudalo…
  • 2013-03-28: Continúo actualizando as páxinas dos proxectos, e engado sección para ver os últimos posts nos que son de tipo blog.
  • 2013-03-27: Remato a wikificación do meu curriculum vitae. Continúo substituíndo as capturas dos meus webs que estaban vía Websnapr e que xa había tempo que non funcionaban, por outras feitas manualmente e aloxadas no Media Manager do propio wiki.
  • 2013-03-23: Comezo unha actualización xeral dos contidos do wiki.
  • 2012-12-06: Substitúo a miña foto da capa por outra máis recente. Procedo a actualizar diversos datos. Actualización do Dokuwiki.
  • 2011-11-23: Procedo a instalar a última versión do Dokuwiki, previa instalación manual do plugin de upgrade.
  • 2011-11-22: Despois de recibir un mosqueante email avisando de que se rexistrara un usuario sospeitoso, procedo a desactivar o rexistro de usuarios (que non sei para que carallo o tiña activo!).
  • 2010-06-04: Despois de telo bastante abandonado, procedo a engadir as fontes RSS dos meus blogs á capa.
  • 2009-05-09: Creado o wiki. Configuración inicial. Comeza a introdución básica de contidos.
historial_deste_wiki.txt · Última modificación: 2022/04/10 08:32 por casdeiro