Desde outubro de 2017 dirixo e presento un programa semanal na radio pública municipal Ames Radio, que baixo o título de Vivirmos nun mundo finito aborda cuestións como a crise enerxética, o colapso da civilización e o Decrecemento. O programa foi iniciado pola Asociación Ames Pospetróleo e na actualidade realízase conxuntamente co Instituto Resiliencia como parte das actividades do RCE-Galicia / Centro de Saberes para a Sustentabilidade, co recoñecemento oficial da Universidade das Nacións Unidas. O programa conta coa colaboración doutros compañeiros, especialmente de Ramom Flores e tamén de Emilio Román, Diego Vázquez e outros.
Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos podcasts dos case 100 programas emitidos até o momento.