A filósofa Judith Butler vén de se introducir cos seus polémicos puntos de vista nun terreo novo: a Transición Enerxética. Nunha entrevista que publica hoxe a revista The New Yorker afirma que «a enerxía non existe en realidad, é unha mera categoría performativa», e que «a transición de [enerxías] fósiles a renovables se conceptualiza a través dun continuo que é inherentemente non-binario».
Nesta entrevista a principal referente do movemento queer lanza a idea de que «os combustibles fósiles non senón outro construto social». Segundo a profesora da Universidade de California en Berkeley «ese construto depende da epistemoloxía da enerxía que estea vixente de maneira hexemónica en cada tempo histórico, e polo tanto non cabe falar ontoloxicamente dunhas enerxías renovables e outras non renovables», pois segundo explica, é un falso binarismo que vai fluíndo co tempo. En defensa desta nova teoría cultural da Transición Enerxética, asegura que está sendo validada empiricamente polos acontecementos, e pon como exemplos as mudanzas que se están a experimentar en Europa, onde o gas natural e a enerxía nuclear se veñen de liberar «da dominación do binarismo enerxético para completar a súa transición a un xénero ‘verde’ disidente». A isto engade que a enerxía solar e eólica se comezan a recoñecer agora, nun proceso de seu de transición social, coma «extensión dos combustibles fósiles (fossil fuels extenders)», adoptando o concepto creado por Gail Tverberg en 2010. Segundo Butler o «hidróxeno verde» sería o epítome destas novas «enerxías fluidas» ou «trans-enerxías».