//

A leña quenta tres veces? …Vai ser que non

Foto: Javi SA. Fonte: Wikimedia Commons.
Foto: Javi SA. Fonte: Wikimedia Commons.
Hai pouco lembraba unha compañeira, falando da súa cociña de leña, aquel dito que afirma que a leña te quenta tres veces: cando a apañas no monte, cando a cortas e cando a queimas.

Este razoamento popular pode resultar chusco, mais coidado con tomalo en serio! A leña só quenta cando se queima, coma calquera outro combustible. A calor que percibimos cando facemos o exercicio físico de apañala, carrexala ou cortala non o produce, obviamente, a leña, senón os alimentos que inxeríramos previamente e que nos forneceron con reservas enerxéticas de tipo somático. O que fai a leña é obrigarnos a realizar ese exercicio que, residualmente, produce o efecto colateral de nos quentar, mais isto é moi diferente a que sexa a propia leña a que nos quente. Facernos coa leña danos un motivo para precisar queimar outro tipo de enerxía, así que en realidade esa enerxía deberiamos restarlla á enerxía que nos dá cando a queimamos finalmente nunha cociña de fundición ou nunha lareira. É o concepto de enerxía neta e da taxa de retorno enerxético (TRE ou, en inglés, EROI).

Por facer uns números aproximados, pensemos en que a combustión de 10 kilos de leña de carballo poden conter 45.000 kcal. Poñamos que unha persoa adulta facendo un exercicio físico intenso consome 500 kcal para ila buscar e trasportar e 1.500 kcal para deixala lista para queimar, nunha cociña que ten unha eficiencia térmica do 80%, por exemplo. Daquela, tivo que usar unha enerxía endosomática obtida dos alimentos para poder queimar 2.000 kcal que lle permitiron dispoñer dun calor exosomático final de 36.000 kcal, co cal o resultado neto foi de +34.000 kcal, moi lonxe da idea de que a leña nos deu 45.000 + 500 kcal + 1.500 kcal, = 47.000 kcal, que poderiamos chegar a pensar se tomamos ese meme popular en serio.

Así pois, ten tanto sentido dicir que a leña quenta 3 veces como dicir que o carbón quenta 5 ou 6 veces: cando o pica o mineiro na mina, cando o carrexan as vagonetas, cando o suben ao camión, cando o trasporta este polas estradas e cando se queima nunha central térmica. Porque son tamén gastos de enerxía (como o carrexo e corta de leña), que producen todos eles calor, máis só un obtén ese calor do propio combustible, e os demais proceden todos doutras fontes (no caso do carbón: alimentos e petróleo, basicamente).

Así que está ben facer o chiste, sempre e cando non nos faga crer en mitos contrarios á Termodinámica. Cultura popular si, pero ciencia tamén!

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Cultura

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...