////

Publícase o nº 100 da revista Luzes, cun relato meu utópico-distópico sobre a Galiza do 2050

Luzes nº 100Xa está dispoñible para todas as persoas subscritas, nos quioscos e na súa tenda online o centésimo número da prestixiosa revista Luzes onde teño o honor de participar cun duplo relato distópico/utópico. Baixo o título común de «Colonización climática vs. o Gran Retorno á Terra» tento ofrecer unha ollada anticipativa a dous extremos dos futuros posibles que temos ante nós como país, atendendo especialmente á dupla ameaza climática-enerxética que temos enriba e ás súas consecuencias, que han facer abalar sen dúbida os alicerces de todo o que coñecemos até o de agora.

Cómpre, como dicía Machiavelli e sempre nos lembra Jorge Riechmann, coñecer os camiños que conducen aos infernos para ser quen de evitalos. E cómpre, sen dúbida, visualizar os futuros vivibles cara onde queremos camiñar, pois sen ver o horizonte camiñamos ás cegas.

Estou moi agradecido tanto á dirección da revista por me ter confiado esta responsabilidade como ao ilustrador que seleccionaron para acompañar este exercizo literario de anticipación, Miguel Robledo, cunhas potentes imáxenes que souberon captar a esencia deste cruce de camiños que temos diante de nós.

Deixo ás persoas lectoras o xogo de recoñecer certos guiños a outras obras apenas agachados no meu texto.

Ilustración nº 2 de Miguel Robledo para o meu relato no Luzes nº 100. Foto: Miguel Robledo.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...