////

O meu prólogo ao libro de Salvador Lladó anticipaba o argumento da película «Don’t Look Up»

Imaxina que un meteorito do tamaño dunha illa vén en traxectoria directa a bater coa Terra e ninguén fai nada, Gobernos e organizacións mundiais falando de como atallar ese problemiña e postergando decisións, mesmo negando as evidencias científicas da traxectoria e da forza do impacto.

Sabemos que igual viches esta metáfora en Don’t Look Up, a película de sátira negra e inquietante que Netflix estreou a finais de 2021, mais xa uns meses antes, na primavera de 2021, comezaba así o prólogo de Manuel Casal Lodeiro á edición en galego d’A bolsa ou a vida.

A bolsa ou a vidaAsí comeza a presentación que a editorial Catro Ventos fixo do meu prólogo, que vén de liberar no seu web, sinalando a ¿sorprendente? similitude do xogo imaxinativo que eu propoñía aos lectores do libro de Salvador Lladó no prólogo á súa edición galega que tiven o pracer de escribir.

Agora que está libremente dispoñible poderedes comprobar o parecido e decidir se estades dispostos a seguir ollando para o chan ou vos atrevedes a ollar para riba co ameno e contundente libro deste xove científico.

Don't Look Up vs. A bolsa ou a vida

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...