Co batemento do crecemento irrefrenado do metabolismo das sociedades industrializadas contra os límites do planeta (de recursos e sumidoiros), chegou o momento histórico de lle pormos fin ao crecemento. Na nova época que este feito inaugura o que cómpre é repartir, e ese debe ser o novo lema que guíe toda política. Repartir os recursos que nos quedan entre os diversos países, e dentro destes entre todas as persoas que os habitan (e habitarán). Repartir eses recursos entre as necesidades actuais e futuras. Repartir os custos da desfeita que nos deixa a época de medre desquiciado do capitalismo. Repartir o uso dos sumidoiros planetarios. Repartir o traballo asalariado. Repartir os labores de coidado mutuo e da biosfera. Repartilo todo. Ese é o deber ético e político do noso tempo.
Lo último de Breves
El hecho de que no tengamos el más mínimo plan de relocalización productiva de elementos básicos
Podríamos decir, parafraseando aquello, que la guerra es la continuación de la economía (crecentista) por otros
...apostemos por hibridar lo más salvable de la Modernidad con una Premodernidad expurgada de dominaciones e
Quienes defienden el GND parecen olvidar que son las sociedades del Sur las que no van
Si no aceptamos que debemos renunciar a mucho, acabaremos perdiéndolo todo.