///

A industrialización de Galiza é reversible

A maioría da clase política galega parece dar por sentado que o proceso de desagrarización e industrialización do país (posteriormente coa habitual terceirización cara ao sector servizos) é un proceso histórico irreversible. Mais só se pode pensar así nos seguintes casos:

  1. Descoñecen que a condición imprescindible para pór en andamento e manter esa industrialización é a dispoñibilidade de abundante enerxía barata, principalmente fósil (petróleo, gas natural, carbón): ignorancia do papel da enerxía no metabolismo socioeconómico.
  2. Pensan que ese tipo de enerxía é infinita: ignorancia xeolóxica.
  3. Pensan que as enerxías renovables darán substituído a tempo, na magnitude precisa e en todos (ou a meirande parte) os usos, ás enerxías fósiles; e que, ademais, poderán manterse en crecemento perpetuo para manter a complexidade das sociedades industrializadas: fe irracional na tecnoloxía, parte da relixión do progreso perpetuo.

Porén, a economía ecolóxica nos di que o noso futuro volverá ser rural, como foi durante o 90% da historia do país. O monte, os campos, as rías e o mar son a única riqueza que teremos cando deixe de entrar a enerxía (e materiais derivados) fósil no noso metabolismo, algo que está moi preto en termos históricos.

Foto: Martiño Picallo (Luscofusco).
Foto: Martiño Picallo (Luscofusco).

1 Comment

  1. Lendo unha (moi interesante) entrevista con Joaquim Sempere, souben isto:

    Funes-Monzote plantea que un país de once millones de habitantes como es Cuba necesitaría un traslado de cuatro millones de personas de la ciudad al campo, la mitad como mano de obra agrícola y la otra mitad como trabajadores de servicios e industrias para servir a esa población neorrural.

    Coido que sacou o dato de Opción Cero. El reverdecimiento forzoso de la Revolución cubana do ferrolán-mostoleño Emilio Santiago Muíño… mais o que me interesa é extrapolar o dato a Galiza.

    Se en Cuba 4/11 da poboación debería volver ao campo, iso en Galiza implicaría, sobre 2,7 millóns de persoas, o traslado de case 1 millón de persoas, de volta ao rural, cando deixe de chegar o petróleo, algo que pode ser cuestión de moi poucos anos (segundo os cálculos do Teito das exportacións, feito por Pedro Prieto). Máis de 1/3 dos habitantes do país!

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Breves

Todo tiene un límite

Va siendo hora de recuperar una frase que deberíamos decir con más frecuencia, muchísima más frecuencia.

Colapsofobia

Miedo al colapso. Miedo a hablar del colapso. Miedo a pensar el colapso, a reconocerlo, a