//

Conclusión de «Cinco candidatos e un elefante»

elefante-eleccions-25set2016-by-casdeiro-v3-480x817(Post-scriptum á entrevista que publican hoxe Galicia Confidencial e Praza Pública.)

Afirma Antonio Turiel, científico e divulgador do Peak Oil, nun recente artigo: «Todo es discutible pero no todo es opinable. Hay cosas que son hechos, y se tienen que discutir sobre la base factual de las cosas.» Entre os nosos candidatos (e, xa que logo, nos seus partidos) parece haber moitas opinións na cuestión enerxética sen un fundamento sólido detrás, reflexos evidentes da cultura da que beben (non só política, senón tamén social), impregnada dunha inquebrantable fe na tecnoloxía e no progreso perpetuo da Humanidade. Estas entrevistas sacar a relucir un déficit de comprensión da realidade termodinámica do metabolismo socioeconómico, dos límites das enerxías renovables, do ritmo de caída da enerxía fósil e da súa taxa de retorno enerxético ou, tamén e simplemente, da diferencia conceptual entre enerxía e tecnoloxía. Algúns dos nosos candidatos van dando pasos, certo é, atrevéndose a abordar o problema, a alongar a man e atoutiñar o elefante, aínda que conclúan que non é máis ca un xato e que vai ser doado de manexar simplemente cunha política e un orzamento público máis escorado á esquerda, ou simplemente deixando ao mercado e á máxica eficiencia a resolución dun problema civilizatorio. Como dixo nunha ocasión Juan Carlos Monedero, «falando de decrecemento non se gañan eleccións». Se cadra está no certo, mais non falando do elefante que temos no cuarto tampouco pensemos que imos evitar bater nel.

Arquivo anexo: as miñas preguntas e as respostas íntegras das persoas candidatas entrevistadas.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...