////

Galiza non ten un problema demográfico

Adoita considerarse lugar común no debate social e político galego que o noso país ten un problema demográfico porque temos unha poboación moi vella, á que fai de contrapeso demográfico insuficiente unha escasa poboación nova.

Mas neste debate nunca se analiza cál é a nivel de poboación ótimo no noso país en función dos nosos recursos propios e da evolución previsible do colapso civilizatorio xa en marcha, e dáselle, porén, un peso excesivo (cando non hexemónico) á cuestión do sostemento do sistema de pensións, o cal, como froito da configuración potente e complexo do Estado moderno industrial, tenderá a desaparecer mesmo como realidade política e económica.

Dise que agora mesmo Galiza só é quen de autoabastecerse de alimentos nun 50% (vid. O pequeno é grande), polo que, simplificando moito poderiamos apuntar que, ou ben pretendemos alimentar a mesma poboación que temos agora comendo todos a metade (lembremos o Periodo Especial cubano), ou ben só poderemos manter o 50% da poboación que agora temos. Por suposto que isto pasa por alto a capacidade que temos de aumentar a produción autóctona de alimentos, que eu penso que é moi grande, mesmo empregando unicamente modelos de agricultura ecolóxica, tradicional, permacultural ou mesmo primitivista (César Lema, etc.). Pero pode ser un exercizo aritmético moi útil para comezarmos a saber por ónde nos movemos cando falamos dun suposto problema demográfico.

Mas non só podemos ter en conta factores endóxenos. Nun futuro que camiña aceleradamente cara ao colapso biolóxico-climático, con crecentes conflitos polos recursos como vía hobbesiana de solución da escaseza enerxética (Peak OilPeak Everything, e de aí o Peak Peace), temos que ter en conta o factor dos desprazamentos masivos. Se tivésemos a fortuna de que o noso país fose dos menos afectados polo caos climático nas vindeiras décadas, podemos ter como seguro (moito máis do que a continuidade do sistemas de pensión) o factor demográfico da chegada de importantes continxentes de refuxiados climáticos, económicos, enerxéticos, bélicos… Fálase moito en certos ambientes de que nun futuro non moi lonxano o sur da Península Ibérica pode quedar desertificado e con condicións moi difíciles para manter a produción de alimentos (como ben nos lembra Emilio Santiago Muíño, o problema do cambio climático non radica soamente no derretemento do Ártico e a suba do nivel do mar: é principalmente de esborrallamento do sistema agrícola mundial!). Así que é moi probable que por cada 100 deses vellos galegos que vaian morrendo nas vindeiras décadas, chamen ás nosas portas outras 100 ou 200 persoas buscando acubillo nunha terra aínda fértil e húmida.

Representación simbólica dos fluxos de repoboamento futuros previsibles na Galiza.
Representación simbólica dos fluxos de repoboamento futuros previsibles na Galiza.
Polo tanto penso que máis ca un problema demográfico por desquilibrio entre a proporción de xente vella e xente nova, imos ter a curto-medio prazo un problema social e cultural de integración de achegas demográficas masivas como non viviu este país desde hai milenios.

Vexo perfectamente factible que zonas do noso interior hoxe abandonadas sexan recuperadas como colonias de asentamento permanente de xente da Andalucía, da Mancha, Madrid ou o Alentejo. E isto vai xerar posiblemente tensións ao cadrar probablemente no tempo co abandono parcial (nunha proporción difícil de precisar) das nosas cidades, pois milleiros de residentes en cidades como A Coruña ou Vigo poden pretender retornar na mesma época histórica ás terras dos seus antergos en diversos lugares hoxe despoboados do interior do noso país, pois o futuro deste país (como o da maioría, novamente) será rural e iso implica un polo de atracción de primeiro orde que reverterá as tendencias migratorias do último medio século na Galiza.

Por todo isto máis que laiarnos polo problema do avellentamento da nosa poboación, faríamos ben en ir trazando plans para a repoboación do noso interior, para o asentamento de refuxiados con carácter permanente. E aquí, unha aposta persoal miña, que vén de bastante antes de ser consciente da cuestión do colapso civilizatorio en marcha, é que se promova prioritariamente o retorno das galegas e galegos emigrados e dos seus descendentes. É dicir, que poñamos todas a facilidades para que todas as persoas de orixe galega que residen no exterior retornen a poboar o noso campo. Porque é unha débeda histórica que temos con eles, porque é o máis eficaz e doado desde un punto de vista cultural, e porque o vencello da xente cun lugar concreto da nosa terra segue a ser un valor importante para o noso pobo, e facilita enormemente a integración de calquera neorrural.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

1 Comment

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...