///

Cidades-home, campo-muller

Nestes días que ando inmerso na coordinación da Guía para o descenso enerxético, o libro que vai publicar Véspera de Nada, e na campaña de crowdfunding coa que o imos financiar, os meus pensamentos xiran máis ca nunca en torno ao Gran Problema. E eses pensamentos cristalizan ás veces en certas imaxes, que claramente non serei o primeiro en telas, pero que me gustaría contribuír a espallalas.

Unha desas imaxes é o paralelismo entre a relación urbes-campo e a relación homes-mulleres, ou mellor dito a relación entre o patriarcado e a muller. A cidade despreza o campo e abusa del, domínao pola forza da economía capitalista, malia ser inviable sen o seu sustentos (en forma de enerxía, alimento, auga e a práctica totalidade dos recursos que precisa para funcionar, para existir, para medrar), da mesma maneira que os homes desprezamos moitas veces as mulleres e abusamos do seu labor como sustento da vida de todos.

De aquí se deriva a necesidade non só de educar para erradicar o machismo e para o derrocamento do patriarcado, senón tamén —e comezando polos máis importantes para a construción dunha nova sociedade: nenas e nenos— para reeducar as masas urbanas no aprezo e recoñecemento da vital importancia do campo, da súa supremacía como ámbito que fai posible todos os modos de vida, incluído o urbano… aínda que se cadra non por moito tempo. A civilización capitalista-consumista-industrial-urbana vaise esborrallar e só o campo sobrevivirá, nutrindo se cadra unhas poucas e modestas entidades urbanas duns poucos milleiros de habitantes por cada moitos km2. Se non educamos a actual xeración dos nosos fillos… halles costar un grande sufrimento adaptarse a vivir e depender de novo do campo. Recuperemos o prestixio e valor do rural como paso primeiro para a nova sociedade pospetróleo.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...