Consultando o glosario da lingua protocéltica da Universidade de Gales sorprendeume atopar a palabra *korda co significado de grupo de persoas, familia. Inmediatamente veume á cabeza a expresión ser da corda de: «Este neno só xoga cos que son da súa corda», «Non me dá moito que falar, non é da miña corda», etc. Se pensamos no significado que habitualmente se lle dá na nosa lingua á palabra corda, non ten moito sentido esa frase, máis se pensamos que proceda desa antiga palabra das linguas célticas, ten un sentido absoluto e diáfano: estaríamos directamente dicindo que non é da nosa familia ou da nosa tribu. Se está hipótese fose acertada, mesmo penso que comprería abrir unha segunda entrada diferenciada no dicionario para a palabra corda con este significado, e cunha etimoloxía diferente da que hoxe consta tanto nos de galego como nos de portugués e castelán, do latín chorda á súa vez do grego χορδή (khordê) que significaba intestino, tripa.
Lo último de Breves
Por quê algo conceitualmente positivo como é a proteçom tem virado algo deostado no discurso político
In the recently published (in Spain) new paperback of the Poison Ivy series, I continue to
A los países enriquecidos del Norte —o de Occidente, como gustéis— se les llena la boca
No quiero ir hacia donde va el mundo. Así que déjenme en paz y déjenme atrás.
…es precisamente llamarla inteligencia.
Coméntame ao respecto da miña hipótese o lingüista Higino Martíns o seguinte:
Agradezo a precisión léxica, mais coido que non se afasta do principal da hipótese. Ser do meu rabaño é un equivalente perfecto de ser da miña familia, se cadra cunha certa retranca céltica ou se cadra é que naqueles tempos entre familia e rabaño tampouco se distinguía tanto, afeitos como estaban os nosos antergos a se consideraren parte do medio, do mundo natural e por tanto, animal. Ou se cadra a expresión se usaba inicialmente para se referir a outros (El non é da miña corda = El non é do meu rabaño = Non é dos meus).