////

Os camiños do futuro

A seguinte imaxe penso que ilustra ben que o futuro do noso país despois da queda do petróleo non vai ser unha volta ao pasado senón unha mestura do que quede do presente co que poidamos rescatar de maneira práctica do pasado preindustrial.

No pasado os lugares do noso rural estaban unidos por camiños e corredoiras transitados a pé, a cabalo, en carros… Hoxe o que une uns lugares con outros, mesmo os máis achegados son pistas de asfalto transitadas por coches. Sen tardar moito, cando o devalar do petróleo faga ese tipo de transporte inasumible para a maioría non poderemos volver ás comunicacións de antes, en primeiro lugar porque aquelas corredoiras e camiños, moitas veces máis rectos e acaídos para a circulación non motorizada cás actuais pistas, sucumbiron ás produtivistas concentracións parcelarias ou a outras infraestruturas e mesmo construcións. Por iso o que comunique no futuro os nosos emprazamentos rurais será máis probablemente as bicicletas con remolquiños ou os carros de bois, mulos ou cabalos, posiblemente agora con rodas neumáticas reciclados dos milleiros de coches xa inservibles, e que circularán sobre todo polas actuais pistas asfaltadas, que serán remendadas pouco a pouco co que haxa (pedras?). É dicir, unha mestura dos recursos locais coas tecnoloxías axeitadas que poidan sobrevivir ao petróleo, facendo moita reciclaxe e o maior uso posible das infraestruturas herdadas do mundo da abundancia enerxética que agora está a morrer.

Esa imaxe podemos aplicala a todos os ámbitos da vida para albiscarmos cómo será ese futuro neorrural pospetróleo e para comprendermos que a volta ao pasado non é que sexa imposible, senón que sería en primeiro lugar pouco eficiente, se dispoñemos do legato de recursos que nos vai deixar a civilización industrial.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Breves

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...