Somos unha xeración cunha responsabilidade histórica: a de recuperarmos os modos de vida da xeración dos nosos avós para llela transmitirmos aos nosos fillos e evitar así que a continuidade do saber vivir dentro dos límites da biosfera rache definitivamente e a nosa especie non sobreviva. Somos os chamados a evitar o colapso restaurando a conexión entre o ser humano prepetróleo e o ser humano pospetróleo, entre o antes e o despois da civilización industrial. En países como Galiza onde esa continuidade apenas hai unha xeración que se perdeu, temos unha inmensa sorte: aínda temos vivos a moitos daquela xeración que sabía vivir cun mínimo gasto enerxético, daqueles recursos que tiñan ao seu alcance no medio natural. Deles podemos aínda aprender os valores, os saberes, as técnicas, os medios de vida, a relación co medio… a cultura. Estaremos á altura desta responsabilidade? Saberemos ser a ponte que salve o abismo que a falsa e momentánea abundancia deixou baixo os nosos pés? Que haxa un futuro está nas nosas mans.
Lo último de Breves
Por quê algo conceitualmente positivo como é a proteçom tem virado algo deostado no discurso político
In the recently published (in Spain) new paperback of the Poison Ivy series, I continue to
A los países enriquecidos del Norte —o de Occidente, como gustéis— se les llena la boca
No quiero ir hacia donde va el mundo. Así que déjenme en paz y déjenme atrás.
…es precisamente llamarla inteligencia.