//

Unha posible etimoloxía do topónimo Quistiláns

Aí atrás estiven dándolle voltas á posibilidade de o nome do lugar de Quistiáns, na parroquia de Bugallido no concello de Ames, provir dun nome de persoa, por medio da seguinte derivación:

*Quisto -> *Quistelo / *Quistilo (hipocorístico) -> *Quistiláns (patronímico plural)

Nese caso significaría «os da familia do pequeno Quisto». Teño para min que Quisto / Kisto / Cisto podería ser un nome céltico de persoa, pero non contrastei esta hipótese con ningún especialista en antroponimia e toponimia céltica.

Na listaxe de nomes célticos que eu teño recopilado non aparece como tal pero consultando de novo as fontes, vexo que hai un nome rexistrado Criso. Non sería estraño pensar nun Criso -> Cristo (derivación que Joaquín Caridad Arias constata e explica) e de aí un *Cristiláns que se cadra podería ter derivado en Quistiláns ao lle caer o R polo camiño.

Ben, aí queda a reflexión por se algún(ha) entendido pode opinar.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

3 Comments

  1. Joaquín Caridad Arias no seu libro «Toponimia céltica de Galicia» constata a existencia de lugares cos seguintes nomes:
    Crestelo (Portugal)
    Crestelle, Cristelo e Cristelos (Pontevedra).

    Segundo a súa teoría veñen do italocelta *Crestus, xen. Cresti, patronímico Crestius ou Cristius.

    Polo tanto parece verosímil a miña hipótese dun Cristelo -> Cristilo -> Cristiláns.

  2. Acabo de descubrir casualmente que a Comisom Lingüística da Gentalha do Pichel propuxera xa hai tempo unha denominación alternativa para Quistiláns: Quistiráns. Descoñezo o motivo nin en que se basean para esa mudanza, pero de ser fundada invalidaría a miña hipótese e deberíamos procurar un posible antropónimo ¿xermánico? *Kistiro ou *Kistir.

    Nesta interesante e exhaustiva páxina da Wikipedia en inglés adicada aos nomes xermánicos na Galiza atopamos un Crizila. Sería axeitado pensar nunha conversión Crizila -> *Cristila? Se así for coido que xa teríamos a etimoloxía explicada, máis non encaixa con ese R que propoñen na Gentalha :-m É posible que só o puxeran por influencia do BertamIRÁNS, no mesmo concello…

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Cultura

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...