/

Bertamiráns: un nome de orixe céltica ou xermánica?

No último número do Novas da Galiza Rubém Melide apuntaba unha suposta orixe céltica do topónimo Bertamiráns (lugar capital do concello de Ames), dando a entender a súa relación co etnónimo bretóns. Aínda que Melide non dá explicación no seu artigo acerca de como de bretón podería ter derivado Bertamiráns, eu coido que a teoría non ten fundamento e que a orixe é claramente xermánica, como tamén apunta a Wikipedia.

Están ben constatados Bert e Miro seren antropónimos xermánicos, habitualmente combinados con outros termos para a conformación de nomes de persoa compostos, tan habituais entre os pobos xermánicos. Eu coido que por tras de Bertamiráns hai claramente un antropónimo xermánico Bertomiro, cuxo significado tería que ver con «brillante» (Berht) e «famoso» (Mereis latinizado comunmente como Miro segundo explica Xesús Ferro Ruibal). A partir de aí, cunha trasformación de tipo patronímico/xentilicio en -ans teríamos doadamente a etimoloxía de Bertamiráns: «os da familia de Bertomiro».

Cabería consultar documentos antigos para confirmar esta teoría, e se o nome Bertomiro existeu na Galiza sueva ou noutros lugares de influencia xermánica, aínda que ben probablemente proveña da Galiza pois se constata a súa existencia na actualidade en ámbitos de lingua galego-portuguesa. Tamén hai quen di que a terminación -ans é propiamente xermánica, aínda que eu teño as miñas dúbidas pois corresponde coa particular latina que conforma numerosos nomes de familia: Xulio -> Xulián, Mario -> Mariano, etc. etc.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

2 Comments

  1. Infórmame en amable comunicación persoal o lingüista galego-arxentino Higino Martins Estévez, que:

    a desinência (-ÃES ou ANS), a meu ver inequívoca, que é o genitivo dos nomes góticos em A, masculinos.

    Así que en realidade, aínda que a raíz fose en efecto o constatado nome Bertomiro, trasmutado en *Bertamiro, non sería o final particular de familia senón simplemente a forma en xenitivo: «de Bertomiro».

  2. Continúa o profesor Martins explicándome que:

    -ÃES/-ANS geralmente correspondem aos baixo-latinos -anis, por sua vez reflexos do genitivo gótico –ans do tema masculino em nasal.

    Así que en realidade parece que tanto a hipótese de terminación xermánica como a latina supoñen un significado e orixe etimolóxico común e polo tanto a hipótese viría dando no mesmo.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Cultura

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...