Máis ca demandar avances continuistas coa lóxica estatal, urbana e monetarizada como a Renda Básica dos Iguais —que puido ser unha boa idea para outros tempos— deberíamos estar reclamando terras comunais para todos de maneira que todas as persoas puidesen ter asegurados uns mínimos de subsistencia a nivel de leña para calefacción, terra para cultivo e outros ingresos non monetarizados que fornece o medio natural ben xestionado.
Así que no canto da Renda Básica para todos as persoas penso que é hora de reclamarmos montes comunais para todas as persoas.
O que é importante non é termos diñeiro senón termos as necesidades básicas cubertas. Non confundamos un medio (coas horas contadas) co fin.
Pois isso já esta distribuido de sempre!
Cada Aldeia ou Paróquia dependendo dos casos (e da geografia) possui terras comunais propriedade dos comuneiros ( qualquer novo habitante passa a ser comuneiro normalmente depois de viver um ano inteiro no mesmo lugar e sempre que continue vivendo aí).
Quer dizer o terreno comum é dos que vivem perto dele, sem importar a condição de aluguer, propriedade ou ocupação duma casa aberta.
Assim que se o que se quer e ter as necessidades básicas cobertas a respeito de terra do comum, adiante, a viver nos lugares onde essas terras estam! As aldeias estão vazias, enchamo-las de gente!
Amén ao de enchermos as aldeas que estean baleiras.
Pero non creo eu que sexa certo que todas as aldease/ou parroquias teñan terras comunais. Aparte, habería que ver a extensión e tipo desas terras para ser se serían acaídas a unha función como a descrita. Moitas delas non estarán plantadas de eucaliptos ou piñeiros? Precisarían nese caso unha boa reconversión, que podería durar anos. Non é tan doado.