/////

É a folga laboral a arma máis acaída a estes tempos?

Nesta época da sociedade de consumo o terreo de batalla social coido que non debería ser (só) a rúa e a fábrica, senón o supermercado. A folga de consumo permanente penso pode ser a ferramenta da loita de clases que supere a folga laboral. Deixarmos de mercar ás grandes empresas que son a fin de contas as que determinan a política económica, mediante un boycott selectivo, pode ter un meirande efecto que deixar de traballarmos un día en todas as empresas e protestar na rúa diante do goberno monicreque de turno, ademais de ser algo ao alcance de todos: traballadores e parados, fixos e precarios. Este sería só un paso nun abandono da mecánica capitalista, que combinado coa autoxestión a todos os niveis, o abandono da banca non-ética, a autoprodución de alimentos e a economía alternativa para fornecernos doutros bens básicos mediante troca, bancos de tempo e moedas complementarias/alternativas, pode ir creando o modelo que substitúa na práctica —sen esperarmos máis, sen demandalo a ninguén— un capitalismo agoniante. A verdadeira folga revolucionaria é comezar a vivir sen capitalismo.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Breves

Sahara/Ucrania

Vamos a abrir las puertas de par en par a los refugiados causados por esta invasión...