O día 30 de novembro hase presentar en Compostela, na libraría Couceiro, o libro «15-M. O pobo indignado», coordinado por Alfredo Iglesias Diéguez:
Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada polo incremento das desigualdades sociais, o pobo, desmobilizado, desorganizado, desmoraliza-
do…, botouse á rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida, pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrupción política…, en definitiva, pola degradación dos nosos dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela, ante unha manifestación inédita das clases populares, en tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio.Fronte a esta nova realidade, Edicións Laiovento non podía permanecer indiferente. Velaí a razón deste libro que tes nas túas mans: 15M: o pobo indignado, que pretende analizar a realidade do movemento 15-M dende unha óptica plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do movemento que englobe a mirada analítica dun amplo grupo de persoas, procedentes de diversos campos científicos: a política, a economía, a historia, a filosofía, a socioloxía…, xunto coa mirada comprometida d@ activista e a mirada creativa d@ artista, e para iso contamos coa palabra de Alfredo Iglesias Diéguez, Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Justo Beramendi, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo Viejo Viñas, Carlos Taibo, Roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos, Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lídia Senra, Xoán Hermida González, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo Andión, Diana Varela Puñal e Gustavo Pernas Cora.
A miña achega ao libro leva por título «Á procura dunha estratexia para unha auténtica Democracia nun contexto de colapso» e incorpora algunhas reflexións que xa tiña feito neste blog e noutros lugares. No texto falo da ameaza do Teito do petróleo (ou peakoil) e mais da oportunidade da Democracia Directa Dixital. Agardo que estas cuestións axuden aos lectores, moitos deles tamén activistas no Movemento Indignado, a pensar o novo mundo que debemos facer posible.
A páxina do libro na editorial Laiovento: http://novidadeslaiovento.blogspot.com/2011/12/15-m-o-pobo-indignado.html
[…] 4 anos e que publicara Laiovento dentro do libro colectivo coordenado por Alfredo Iglesias Diéguez 15-M: O pobo indgnado. O texto vencelle as dúas cuestións que máis me teñen ocupado intelectualmente nesta última […]