///

Propostas para #acampadaSCQ

acampadaSCQPublico aquí a modo de apuntamentos online as miñas propostas para presentar esta tarde á xente da #acampadaSQC. Espero poder asistir a propoñelas en persoa pero non sei se un importante compromiso familiar me permitirá asistir. En calquera caso quedarán aquí por se algún outro compañeiro ou compañeira as quere usar e trasmitir alí. Aviso que as irei ampliando e modificando ao longo da tarde.

Parto dunha cuestión importante. Teño defendido repetidamente que a Democracia Directa é a vía estratéxica para facer posibles todas as demandas deste movemento e do conxunto da poboación en xeral, e que as Novas Tecnoloxías son o medio para poñelo en práctica de maneira eficiente. Facelo a través dun antipartido instrumental que faga de correa de trasmisión directa nas institucións é a vía máis rápida e máis potente ao meu entender. Pero agora, ata as eleccións xerais non poderemos votar a un partido dese tipo, así que tentarei propoñer cuestións que poida ser útil reclamar ata entón, e que sexa viable no camiño á implantación dunha Democracia Real, dunha Democracia Directa.

Reclamemos…

  • A elaboración dunha nova Constitución no Estado Español por parte de cidadáns, como se fai en Islandia, pero cunha participación aberta a calquera persoa, elaborando o texto colaborativamente por medio de Internet, para someter despois o texto resultante a referéndum.
  • A posta inmediata baixo control directo dos cidadáns dos medios de comunicación públicos.
  • A substitución do PIB como medida-obxectivo da economía, por un indicador de benestar humano, como os xa existentes.
  • Recoñecemento por parte dos poderes públicos de que o Teito da extracción do petróleo e doutras materias primas supoñen un freo insalvable para o imposible crecemento perpetuo. Posta en marcha dun plan de transición enerxética a nivel de todo o Estado que pase por unha redución drástica do consumo enerxético, nomeadamente de combustibles fósiles.
  • Someter todas as leis aprobadas polo Parlamento español a aprobación mediante referéndum. Facilitar os medios para facelo por medios dixitais mediante o DNI-e, ao tempo que por medios tradicións. Estabelecemento de oficinas de votación permanente.

Tamén quero engadir que a idea de remitírllelo aos acampados en Madrid paréceme ben pero sempre e cando non subordinemos a nosa acción ao que eles acorden. Máxima autonomía e liberdade de acción desde Galiza.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

7 Comments

  1. O fin da intervención artificial do mercado inmobiliario que actualmente levan a cabo bancos e institucións de aforro, coa complicidade do Banco de España, a través da manipulación do mercado da vivenda, dificultando a independencia dos mozos e lastrando a capacidade de recuperación da economía de Galicia e de todo o Estado. O executivo non ten potestade de, unilateralmente, salvar bancos e caixas, ou calquera outra empresa, sen consultar o pobo a través de referendo.

  2. Endurecemento da loita contra a corrupción. Alongamento dos prazos de prescrición de delitos de corrución. Fin dos paradisos fiscais.

  3. O financiamento de partidos políticos e sindicatos a cargo exclusivamente das cotas dos seus afiliados. Este financiamento estára sometido a un procedemento rigoroso procedemento de fiscalización pública. Total transparencia nos patrimonios persoais e familiares de tódolos políticos e líderes sindicais, e endurecemento do réxime de incompatibilidades dos políticos para evitar tal interferencia de intereses de carácter mercantil na xestión pública.

  4. Ao final non houbo moito tempo para modificar nin mellorar ningunha destas ideas.

    Saleta, case mellor llelas deixas a eles no seu blog, para que lles cheguen directamente.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Ciberactivismo

5G vs. 7G

No necesitamos una tecnología 5G: necesitamos una ética 7G.