/

Sen galegos non existiría o rock’n’roll

Hoxe quero compartir unha reflexión cultural e histórica que naceu a partir do comentario de Felipe Senén o pasado sábado en Melide acerca de que Mini & Mero compartían con Bob Dylan e The Beatles unha nasalidade ao cantar propia das culturas célticas.

instrumentos banda de rockRemoendo nisto deume hoxe por pensar o seguinte: se non fora polos galegos, hoxe non teríamos o rock’n’roll. Pode que ao ler isto calquera bote un sorriso escéptico, pero convido a calquera a avaliar a lóxica da miña reflexión:

  1. Segundo apunta a propia tradición irlandesa e certos estudos xenéticos modernos, os gaels de Eire procedían de Galiza e do norte céltico da Hispania en xeral (a lenda dos fillos de Mil, os milesians). Iso quere dicir que lles exportamos a cultura e a etnia que despois evoluiría para converterse na admirada cultura céltica irlandesa.
  2. Os emigrantes irlandeses, descendentes daqueles milesians, levaron a súa música folk aos Estados Unidos.
  3. Daquela música derivou co tempo o country.
  4. Da fusión do country co blues (e rhythm-n-blues) dos descendentes dos escravos negros traídos de África, naceu o rock’n’roll primitivo, e del derivaron ao longo das pasadas décadas toda unha serie de estilos, desde o rockabilly ata o rock electrónico, pasando polo punk, o rock progresivo, o heavy metal ou o grunge.

Xa que logo, entendo eu que grazas a aqueles conquistadores (ou simples emigrantes?) galegos que chegaron a Irlanda, varias xeracións en todo o mundo levamos desfrutado desta nova música mestiza, a máis destacada das músicas populares desde mediados do século XX. Ou?

The Who (1980)

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

1 Comment

  1. Segundo esto o rock bravú non sería senón unha volta ás orixes. Interesante hipótese.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Cultura

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...