Precisaba un lugar ao que redirixir aos galegos que teiman en usar na Rede o verbo «molar» en galego co significado coloquial castelán («gustar»; «ser estupendo»), desprazando e anulando o seu significado galego. «Isto mola», «aquilo mólame moito», etc. Así que animeime a resumir a cuestión neste blog.
Por unha banda paréceme mal que copiemos esa palabra do castelán cando nós temos expresións de noso ben fermosas como gustar/gostar, chistar, prestar… Lamentablemente a pobreza léxica de moitos falantes —nomeadamente neofalantes— fainos incorrer nestes perniciosos calcos, subordinando o léxico coloquial ao trasmitido polos colonizadores medios de comunicación de masas españois cos que nos temos criado. A algúns como a min sóanos fatal semellante palabra nunha frase en galego, pero está visto que moitos outros non. Será que lles soa galega ou que lles dá igual meter palabras castelás no medio do galego? …Non o teño eu moi claro.
E por outra molar xa ten significados en galego que non se corresponden co do castelán. Algún, de feito, é xusto o contrario:
- Teño escoitado a un carnotán dicir molar como forma abreviada de amolar, é dicir, molestar: «Non moles, ho!», v.g.
- Segundo o dicionario Estraviz, molar como verbo galego está relacionado coas moas e quere dicir: afiar.
Xa que logo, cando un galego di: «Como mola esta rapaza!» en realidade está dicindo que o está a molestar. Se dicimos «Mola!» en resposta a algo ou estamos mandando que afíen algo ou estamos a protestar porque nos amola.
Acabemos coa praga castrapeira, contaminante e vergonzante vergoñento do «mola!»: Non amoles co «mola»!
Boas, pasaba por aquí e lin esto. Paréceme moi ben.
Por certo, ‘blog’ non aparece no Estraviz, creo que non é galego. E ‘vergonzante’ tampouco, eu diría vergoñento, pero non me fagas moito caso, que son neofalante.
Unha aperta,
Spav
[…] De Casdeiro » A praga do “mola” casdeiro.info/textos/index.php/2011/01/12/a-praga-do-mola/ – view page – cached « Es urgente que la izquierda comprenda las implicaciones del Cénit del […]
Si, o de vergonzante dubideino. Será mellor coma ti dis, sóame máis galego.
Blog é un tecnicismo-anglicismo. Non creo que o Estraviz estea tan modernizado.
Por certo, «enterarse» tampouco é galego ;-D http://gl.wordpress.com/tag/do-que-me-entero/
Benpasado por aquí e volve cando queiras.
Semella que a cuestión do «mola» está a amolar a algúns (no Twitter). Polo menos é positivo o debate e que saia a relocer que non é galego usar «molar» cun significado positivo idéntico (calcado) ao do castelán.
Vid.:
https://twitter.com/#!/bertez/statuses/25264207213629440
https://twitter.com/#!/bertez/status/25268867307667457
etc.
Máis amolados pola miña persoal «cruzada» contra o *mola:
https://twitter.com/Ofunambulista/status/258491658147082241
O de non recoñecer o castelanismo debe ir implícito co uso da palabriña do carallo! Vid. http://twitter.com/filipediez/status/332559176624664576
Como dicía un profesor meu do colexio cando algún alumno ousaba corrixirlle algún erro: «Mi ser gran jefe y hablar como dar la gana» ;-P
[…] do idioma: nos rexistros máis vulgares, sobre todo entre a xente moza e urbana. Unha mostra é a abraiante presenza do verbo castelán molar e expresións de aprobación do tipo “iso si que mola!” entre os galegofalantes mozos […]
…E mais xente que toma a mal o meu reproche polo uso desta palabra no sentido castelán… e algunhas reflexións adicionais ao caso: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10207303192051545&set=a.1602848404589.80967.1637467644&type=3
This is test comment by me !