O día posterior á vitoria da selección española de fútbol no Mundial ficamos abraiados cando o neno da miña compañeira, de 8 anos de idade, nos contou un par de anécdotas que lle tiñan acontencido na xornadas lúdico-educativas que pola mañá organiza o concello onde vivimos para os rapaces que están de vacacións.
A primeira mesmo nos tivo graza: seica lle preguntaron as monitoras que onde vira el o partido, dando por suposto que todo o mundo o debía ter visto. A resposta do rapaz, inocente e auténtica, foi a de que el non o vira porque el non era dese equipo 😀 (Como non vos somos nada futboleiros na casa, el aínda non ten clara a diferenza entre equipos nacionais e clubes da liga de fútbol.)
O que nos deixou moito máis preocupados e indignados foi o relato que fixo dunha especie de xogo que lles organizaran (improvisada ou premeditadamente?) ese mesmo luns post-Mundial. Polo que nos contou o xogo consistía en que tres dos rapaces, armados con senllos rotuladores vermello, amarelo e vermello, tiñan que perseguir aos demais da aula. Cando un dos tatuadores nacionais agarraba algún dos fuxidíos rapazolos galegos, marcábao coa cor correspondente no pulso. Cando un rapaz ou unha rapaza tiña as 3 cores no seu brazo tatuadas, ficaba eliminado. O simpático foi que o noso rapaz quedou gañador ao ser o derradeiro resistente e último en ficar tatuado. E menos mal que a pintura coa que fixeron o xogo saía con auga!
É ou non é unha maneira vergoñenta de trasmitir o espíritu nacional (español por suposto!) aos máis cativos coa excusa disimulada do fútbol? É ou non é un uso ideolóxico dun espazo e servizo público municipal (pagado polos pais, aínda por riba)?
Ah, por certo: as monitoras en cuestión todas lles falan castelán aos rapaces. Casualidade?
Volve a formación do espíritu NAZIonal…
O día posterior á vitoria da selección española de fútbol no Mundial ficamos abriamos cando o neno da miña compañeira, de 8 anos de idade, nos contou un par de anécdotas que lle tiñan acontencido na xornadas lúdico-educativas que pola mañá …
Seica é unha epidemia…en Vigo, tamén nunhas xornadas «lúdico-educativas» !?!?! uns amigos atoparon a súa filla de 3 anos coa cara pintada de vermello e amarelo cando a foron recoller.