///

Que será dos barakaldeses?

BarakaldoMoito levo pensado eu no futuro que lles espera aos case cen mil habitantes da anteigrexa biscaína que me veu nacer e que foi o meu lar ata hai pouco menos de tres anos… Como se poderá sustentar semellante poboación no inmediato futuro posterior ao Teito do petróleo? O caso da miña localidade natal pode ser paradigmático doutras zonas de Euskadi, ou mesmo de Cataluña ou doutras áreas do Reino que acolleron millóns de inmigrantes procedentes das áreas rurais ¿pobres? de Galiza, Castela, Andalucía, Extremadura…

San Vicente de Barakaldo na época preindustrial apenas albergaba unhas 2.000 almas. Hoxe, tras unha explosión demográfica debida á inmigración das décadas industriais, acolle a case 100.000. A localidade puido albergar tan grandes masas debido á produción industrial, pero en canto esta foi desaparecendo a poboación comezou a minguar. Agora onde había industriais hai servizos; onde se producía, agora simplemente se vende o que producen outros… moitas veces a milleiros de quilómetros de distancia.

Fábrica da SefanitroPero todo iso sopórtase unicamente grazas á enerxía que fornece á economía industrializada e mundializada o petróleo, e a unha burbulla económica tras outra, soportadas por recursos físicos minguantes. Sen petróleo é lóxico pensar que Barakaldo só poida albergar de novo unha poboación moi reducida: a que sexa capaz de manter cos alimentos e capacidade produtiva das terras da anteigrexa. Penso que será mesmo menor que aqueles 2.000 habitantes de mediados do XIX xa que desde aqueles tempos Barakaldo perdeu territorios rurais que se foron desanexionando (Alonsótegui,v.g.), e sobre todo perdeu terreo fértil sacrificado primeiro ás grandes fábricas (Altos Fornos, etc.) e agora ocupado polo formigón e o aceiro dos centros comerciais e as grandes superficies. Cando xa non poidan vir os produtos de lonxe porque xa non queda petróleo asequible para os trasportar —ou tan sequera producir—, que van vender os comercios que hoxe enchen Barakaldo? En que van traballar os barakaldeses? De que van vivir? Que van comer?

Casa-torre de BeurkoÉ tráxico pensar en que máis de 100.000 persoas deban abandonar o seu lar, pero eu non vexo outra saída a longo prazo: Barakaldo —como moitas outras localidades que medraron xigantescas á calor dunha industria que xa desapareceu— está condeado a volver a unha poboación que sexa capaz de manter cos recursos locais… e xa que logo a ser unha cidade pantasma rodeada dunha presada de casaríos habitados nas abas dos montes que a rodean. É triste pensalo sobre todo porque alí deixei amigos e familia, e non son quen de facerlles ver a insostibilidade do lugar onde viven, e o negro panorama que os espera se non emigran de volta ás súas terras de orixe ou a calquera outra con terra fértil, con boas condicións climatolóxicas e baixa densidade de poboación antes de que comece un inevitable éxodo que probablemente será caótico e moi traumático.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

2 Comments

  1. Curiosa e traxicamente, esta localidade é a 3ª de todo o Reino de España onde resulta máis caro facer a compra, polo que veño de ler.

    Son tempos moi duros os que veñen para todos, pero especialmente para os barakaldeses.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...