Vivimos nunha época escura, gobernados pola superstición.
Os ídolos de barro coberto de ouro capitalista lévannos a un holocausto polo breve beneficio dos seus sumos sacerdotes.
Ignorantes seguimos os seus preceptos de consumo sen fin crendo que somos guiados pola Ciencia e pola Democracia, que somos libres e sabios, e que a nosa fe cega no Progreso fará a nosa pel inmune ao incendio imparable que provocamos.