Punto nº 1: Se o Estado que lle solicita aos cidadáns o pagamento dos seus impostos é un Estado Democrático, deixará que sexan eles os que elixan a que se destinarán eses cartos dentro dos seus orzamentos xerais.
Punto nº 2: Se o Estado non é democrático, non está lexitimado para solicitar a contribución fiscal dos cidadáns a uns orzamentos que non foron decididos por eles.
Veño de ler o artigo «Libertad, calidad democrática y carga fiscal» de Vicenç Navarro en Attac e é un pouco contraditorio co que ti dis. Pódese ler en: http://www.attac.es/libertad-calidad-democratica-y-carga-fiscal/
Conste que creo que a insubmisión ou obxección fiscal están moi xustificadas en moitas ocasións.
A tese do señor Navarro é que nos países con maior déficit democrático a presión fiscal e a redistribución da riqueza é moito menor que en aqueles países nos que nas institucións representan mellor á cidadanía.
Segundo el, o estado español ten unha deficiente calidade democrática e por iso a presión fiscal é baixa (e maiores as desigualdades).
Pois sen ler aínda o artigo, se esa é a tese, non me parece un argumento contra o que eu escribía. A mera constatación dunha correlación entre baixa calidade democrática e baixa presión fiscal, de existir, non lexitima que un Estado non-democrático deba manterse cos cartos dos cidadáns. Que o manteñan os que teñen o poder de decidir!
O problema do que dis é que hai moitas cousas que é moi difícil afrontar individualmente, e é necesaria a concorrencia de moitas persoas para levalas a cabo. Refírome a educación, a sanidade, as pensións, etc. É certo que tamén se poden privatizar, pero dese xeito exclúese da posibilidade de acceder a estes servizos a maioría máis pobre.
En mi opinión a obxección fiscal está xustificada nalgún caso, mais non sempre.
Aquí tienes un repaso al concepto de la desobediencia o resistencia fiscal: http://es.wikipedia.org/wiki/Resistencia_fiscal
Paz y amor.
Parece que a idea da desobediencia fiscal se está extendendo como resposta á nova dictadura dos mercados: http://derechoderebelion.net/ 🙂
En la Wikipedia explica ese mismo argumento, o parecido:
«El reparto del dinero obtenido por el Estado con los impuestos no es democrático, pues no es decidido por los ciudadanos mediante presupuestos participativos o mediante mecanismos de democracia directa.»
http://es.wikipedia.org/wiki/Resistencia_fiscal#Argumentos_en_favor_de_la_resistencia_fiscal
Gracias, Zuro. La verdad es que era lógico que esa misma reflexión ético-política la hiciera otra gente antes y que seguramente lleguen a lo mismo otros cada vez con más frecuencia. La gente al final acaba atando cabos.