Hoxe sentín náuseas. Son os efectos que che teñen no organismo as viaxes no tempo. A un tempo no que eu era un neno (ou mesmo atrás), os tempos do NO-DO e a máis bruda manipulación informativa das masas polo Réxime.
No Telediario de TVE das 3 da tarde de hoxe, un titular anunciaba que o Goberno pechaba Garoña (no 2013). É dicir, a noticia dada a volta: o que comprería ter dito «O Goberno concede unha prórroga de 4 anos á central nuclear de Garoña malia ter superado a súa autorizada vida útil»… acababa poñendo ao goberno do PSOE como ecoloxista por pechala! Despois, no detalle da noticia mencionaban a cuestión da prórroga como de pasada e deixando absolutamente na inopia a quen non coñecese previamente o asunto, e trasmitindo unha falsa imaxe. Por se isto fose pouco, a noticia foi bruscamente interrumpida cando o xornalista que a gravara comezaba falar dos residuos produto da central e do seu tratamento. Na miña vida vira tal descarada manipulación dunha noticia.
…Hoxe foi o día que deixei de ver Televisión Española.
Para os interesados en saber máis (sen manipulacións gobernativas) sobre a prórroga da central nuclear de Garoña recomendo ler CrisisEnergetica.org