Que non, que non se trata do sistema financieiro. Nin tan sequera da economía. O que está iniciando o seu derrubamento definitivo non é o sistema capitalista, senón o modelo enerxético no que baseamos toda a nosa civilización actual.
Non hai rescates bancarios nin políticas de investimento público que vallan cando o que se esgota é unha fonte de enerxía irremprazable (en tempo e alcance) coma o petróleo. O colapso da civilización industrial é máis que probable en poucos anos.
Canto máis tardemos en abrir os ollos a esta realidade, máis dramáticas serán as consecuencias. E non esperemos que nolos abran un bo día no telexornal: as elites repártense entre os que non saben de que vai o conto e os que fan coma que non o saben, porque non lles interesa perder os seus beneficios (electorais ou económicos) a curto prazo. Así é que o que nos propoñen tan só pode levarnos máis de contado á ruína social e económica.
Axudas ao sector da automoción? Promoción das exportacións? Introdución de transxénicos? Crise nos sectores pesqueiro e gandeiro? Baixada do consumo? Falta de liquidez? Masiva construción de infraestruturas? Produtividade? Industrialización? Modernización? Recuperación do crecemento?!?! Non perdamos de vista que se trata da enerxía, e poderemos avaliar nas súas auténticas dimensións o que está a suceder coa crise supostamente económica.
[…] quizás superemos ese momento de riesgo. Pero… ¿qué sucederá si como muchos creemos la civilización industrial está condenada a causa del Cénit del petróleo?, ¿qué pasará si Duncan está en lo cierto y no hay manera de evitar un progresivo y definitivo […]