//

Como se chamará o futurible fillo das caixas de aforro galegas?

As presentes turbulencias financieiras e económicas, primeiros síntomas do derrubamento inevitable do sistema capitalista da acumulación imposible e do crecemento sen límites, traen de novo á mente dalgúns a tan falada fusión das caixas galegas. Este futurible fillo, que viría de penalti porque ninguén se preparou para el (no canto en Euskadi en previsión de futuras fusións as caixas provinciais non se pisan os respectivos territorios), como se había chamar? É unha reflexión que se cadra é tempo de facer. Velaquí a miña visión do asunto:

As caixas teñen 3 opcións:

  1. Optar por asumir o nome máis representativo das 2: é dicir, chamar á fusión Caixa Galicia.
  2. Optar por un nome que recolla os 2 orixinais: o híbrido que semella máis plausible sería Nova Caixa de Galicia, que debería usar a sigla NCG (enecegué) como nome máis comercial.
  3. Optar por un novo nome, que fose tan representativo ou case como Caixa Galicia, fóra coma dentro, pero que fose diferente dos nomes das 2 caixas proxenitoras: a mellor opción neste caso coido sería Caixa Galega.

Alguén se atreve con algunha outra predición sobre o nome do futurible vástago?

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

5 Comments

  1. Si, Caixa Galiza… nin fartos de viño novo lle poñen este, se algunha vez temos fusión chamarase Caixa Galega, diría eu. O difícil vai ser establecer a sede.

  2. Home, pois eu imaxino que buscarían solución de consenso: en Compostela. Que tal na Cidade da Cultura? ;-D

  3. Non desbotedes a posibilidade de The Galiciàn Cash para o nome, que tanto en Vigo como na Coruña está moi de moda o xeito anglosaxón para os bisnes.
    E a sede ben podería ser San Caetano e trasladar a Xunta para o Gaiás, que alí teñen sitio para correr os conselleiros nas horas libres.
    Eso sí, sería fillo natural, pero adoptado; xa que nin Gayoso nin Méndez están como para quedar preñados…

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Economía

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...