//

Xacobeu 2010… ¿en avión?

o bng inviste no xacobeu 2010Diante das medidas que anuncia a parte beneguista do goberno galego, eu pregúntome en que medida encaixan co que convén a Galiza nun momento no que a costa abaixo da crise terminal do capitalismo se comeza a facer máis abrupta grazas ao final do petróleo barato. Nomeadamente neste punto que puiden ler en GZnacion.com (e con máis detalla no propio web do Bloque):

-Quintana anunciou outra implementación de 100 millóns de euros para que o Plan Xacobeo de 2010 comeza “xa a rodar” no último trimestre deste ano, con fin de paliar os efectos da crise tamén no sector turístico.


Dado que o turismo de masas baseado nos vós baratos parece ter chegado á súa fin, pregúntome eu se eses 100 millóns se malgastarán en facer propaganda xacobea en países lonxanos que precisan desa aviación comercial barata para se achegaren ata este curruncho do mundo, ou van a proveitar a tendencia que xa se pode apreciar dun turismo máis de cercanía, e investirán con acerto en mercados potenciais máis próximos (Portugal, España, Franza, Alemaña, Italia…) é dicir, os que se poderán mover en tren, medio que debería ser mimado coma nunca nesta testitura na que nos pon o cénit do petróleo. Non esquezamos a nosa extrema perifericidade, que somos unha esquina do mundo que non pilla de paso a ningures e que atraer turistas en épocas de combustibles fósiles en prezo disparado é algo que facer con moita intelixencia.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

3 Comments

  1. Polo demais aplaudo que se acelere todo o que teña que ver con dotar a Galiza de máis poder de produción eólica (a ver tamén como o fan e para onde van eses electróns producidos en terra galega…) e apoiar o medio rural.

    O que me parece absurdo e contrario á tendencia de futuro é o do solo industrial. Que tipo de industrias se pretende que se implanten? Mentres non se faga un planeamento estratéxico e trasversal tendo en conta os condicionantes socioeconómicos extremos nos que nos vai poñer a fin do petróleo barato, acertarase de casualidade con algunha medida pero corremos o risco de tirar pola borda os cartos públicos nos momentos en que máis os imos precisar todos.

  2. Enviei o seguinte comentario ao pé da nova en GZnacion pero como nunca sei se o van aprobar na moderación, velaquí vai copiado por se acaso:

    Algunhas medidas soan ben pero outras fan temer que o BNG non está a ter en conta a nova coxuntura enerxético-económica cara á que nos diriximos segundo nos adentremos nesta crise terminal do sistema capitalista mundializado. Solo industrial para que industrias? Turismo de que tipo? Como chegará a Galiza? En avión ou en tren? Eólica por que e para quen? Moitos interrogantes que fan precisa unha reflexión estratéxica á luz do fenómeno do cénit do petróleo. Cando a AIE saque o seu informe anual en outubro, non botemos as mans á cabeza. Espertemos xa e adiantémonos a un cambio inevitable para sacar oportunidades del.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego

A volta

Cumpre já esta volta. Cumpre já decrescer ou desaparecer.