//

«O poder político debería impulsar un cambio cultural»

Dunha entrevista recente con Xosé Manuel Beiras:

Crise ambiental e enerxética pero as estradas multiplícanse e o tren retrocede. ¿Por que?

Acaba de inaugurarse unha autovía Santiago-Brión. Sería moito máis proveitoso e económico unha rede de proximidades. Moita xente prefiriría o coche para seguir co costume polo que habería que puxar por un cambio cultural que debe vir apoiado polo poder político. Namentres seguimos a falar da contaminación e do cambio climático sen que se dean pasos serios para evitalo. Pero ben son as compañías contaminates as que fan os anuncios verdes.

É reconfortante ver que en Galiza aínda quedan metes lúcidas como a de Beiras, que saben onde está o problema e que mentres non se colla de fronte e con decisión, todo o demais será perda dun tempo demasiado valioso.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

5 Comments

  1. Como dixo Dominique de Villepin en setembro de 2005:

    (…) Hai que ollar de fronte á realidade, tirar todas as consecuencias e dar un verdadeiro impulso aos aforros enerxéticos e mais á utilización de enerxías renovables.

    (Citado por AEREN no dossier da súa vindeira conferencia: http://www.aspo-spain.org/ )

  2. Pero se ata George Bush se dá conta (non en van el é un «home do petróleo»):

    Creo que os prezos do petróleo están a subir porque a demanda do petróleo supera ao suministro. (…) Consumimos demasiado petróleo.

  3. E ata Rodrigo Rato (2006):

    La energía es un riesgo de la economía mundial; se puede convertir en un límite al crecimiento.

  4. Ou mesmo Loyola de Palacio (2006):

    El modelo energético actual, basado en los combustibles fósiles, está agotado. Se ha acabado la era de la energía barata.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego

A volta

Cumpre já esta volta. Cumpre já decrescer ou desaparecer.