/

O timo nuclear

Creo que é moi pertinente, á vista dos movementos que levan tempo dando o conglomerado partidos/cabildos/grandes-sindicatos (lobbies), lanzando globos sonda a prol da necesidade de recuar na negativa a aceptarmos a enerxía nuclear para afrontarmos a crise enerxética que comezamos padecer, reproducir traducido un extracto do libro The Post-Petroleum Survival Guide and Cookbook do gurú das ecoaldeas Albert Bates. Eu permitinme a liberdade de trocar bargain por timo no título deste texto porque é o que ven sendo máis exactamente:

A ganga nuclear

Os centos de millardos de dólares derramados en subsidios á industria nuclear polos países industrializados, moitos deles baixo unha capa de segredismo, teñen distorsionado o custo da enerxía nuclear. A Axencia de Información da Enerxía dos EE.UU. (EIA) estima que os subsidios por si sós acadan agora (2006) ate 42 $ por barril equivalente de petróleo. A EIA non inclúe na súa estimación o subsidio que por diante teñen para o seguro de responsabilidade (os EE.UU., o R.U., Franza e outros eximiron ás súas prantas nucleares dos custos dos accidentes) ou o que teñen por tras, considerable, da retirada e perpetuo armacenamento dos residuos, que serán postos dun xeito desproporcionado sobre os ombreiros dos tesouros nacionais e das futuras xeracións de pagadores de impostos.

Nin teñen en conta a maior parte dos cálculos sobre os custos nucleares, os cancros, os defeutos de nacemento, ou as mortes precoces de millóns de inocentes que viven ao alcance dos ventos ou das augas que chegan dalgunha parte do ciclo do combustible nuclear, ou o potencialmente irreparable dano para a herdanza xenética do ser humano e doutras especies.

Podería dicirse con merecido horror que sería máis humano queimar nenos en fornos para xeración eléctrica que causarlles o significativamente maior sufrimento e morte por xigavatio de enerxía nuclear.

Cando se teñen en conta estes custos extra-contables, a enerxía nuclear non soamente costa bastante máis que calquera outra fonte de enerxía; é que nin tan sequera chega remotamente a producir tanta enerxía como consume.

Isto é especialmente sangrante se pensamos que mentes todos estes milleiros de millóns de dólares e vidas se malgastan perseguindo a fantasía da enerxía atómica, existe suficiente enerxía eólica no mar sen aproveitar para reemprazar completamente a enerxía nuclear en Europa, suficiente en Texas e as Dakotas para reemprazar as fontes nucleares en Norteamérica, e que todas estas granxas eólicas se amortizan por si mesmas en soamente 3 anos.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego

A volta

Cumpre já esta volta. Cumpre já decrescer ou desaparecer.