/

Reordenar o territorio… pero con que criterio de futuro?

Como comentaba nun texto anterior, a Xunta presenta rufa estes días o seu Plano de Ordenación do Territorio. A sensación diante del é de escepticismo; de esperanza e de temor.

Esperanza de que se aproveite para dinamizar as vilas como centros de actividade rural, seguindo a teoría do lugar central, da que xa falei anteriormente neste blog, porque é o que precisa un área en transición cara á falta de petróleo.

Temor a que primen os criterios desenvolvistas (“O territorio é o espazo para o desenvolvemento do individuo, para o desenvolvemento da sociedade e para o desenvolvemento da economía”), de concentración de recursos, poboación e infraestrutura nas grandes áreas urbanas, é dicir, nas menos sostibles nun futuro de escaseza enerxética e de mobilidade reducida.

Emilio Pérez Touriño destacou hoxe que coa aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio, Galicia supera “unha asignatura troncal e decisiva” que tiña pendente e se configura como un espazo racional para vivir, para preservar e para traballar.

Racional si… pero segundo que criterios? Porque o racional xa non pode ser primar o trasporte privado por carretera e a agroindustria exportadora, por poñer 2 importantes factores á hora de planificar o territorio do noso país.

que sexa, pola contra, o principal activo do crecemento do desenvolvemento do país xunto co seu capital humano

Imos mal se seguimos crendo no dogma do crecemento.

O xefe do Executivo autonómico asegurou que as Directrices de Ordenación do Territorio supoñen ademais a superación de “eivas históricas” derivadas dunha “política de chuvia fina sobre o territorio”, de “falta de xerarquía territorial”, da “insostenibilidade ambiental en relación coas rías e os ríos” e, en definitiva, “dun urbanismo que apostou historicamente por un crecemento disperso e unha concepción difusa da ordenación territorial”.

Velaí varios dos meus temores. Precisamente se algo bo tiña a ordenación non-xeráquica, autónoma, dos núcleos de poboación galegos era que nos permitirían afrontar con menor sufrimento a transición cara á nova sociedade postfosilista. Esa concepción difusa, conformada por séculos de vida agraria está perfectamente adaptada ao territorio e a unha agroeconomía autocentrada. Se rachamos con iso, estaremos botando pola borda un dos nosos mellores activos para sobrevivirmos ao cénit.

sinalou que “en tempos de internacionalización e globalización económica e cultural”, Galicia se dota “dun instrumento que ordena e propoña o espazo de convivencia como un elemento de competitividade”.

Competitividade? Internacionalización? Globalización? Touriño amosa estar na inopia. Como pretende encamiñar cara a iso un país sen petróleo barato? Alguén debería dicirlle que a globlaización non ten futuro. E o noso rural si. A única solución é a relocalización e a autarkeia.

En segundo lugar, Touriño referiuse ao sistema urbano intermedio formado polo sistema de vilas, asegurando que deben “proxectarse con capacidade de estruturación e consolidación urbana” e difundir ao territorio os servizos supracomarcais. Finalmente, o xefe do Executivo galego referiuse ás “cabeceiras comarcais que deben permitir vertebrar ese tecido compacto” que artella o rural galego.

Esperanzador deseño, se non destrúe capacidade local para concentrala nesas cabezas de macro-bisbarra. Que mal teñen os modelos tradicionais de parroquia-bisbarra?

Trátase ademais, segundo explicou, de “fortalecer un sistema urbano policéntrico de cidades e vilas, dinamizando os ámbitos con menor peso demográfico, estruturando o litoral como un ámbito de excelencia” e poñendo en valor “a calidade da paisaxe galega e o patrimonio natural da Comunidade”.

Esperemos que sexa quen de conxugar conceptos un tanto incoherentes, polo menos sobre o papel. Fortalecer o sistema urbano ao tempo que se dinamiza as zonas con menos habitantes??

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

1 Comment

  1. Xosé Manuel Beiras:

    Estou farto de que se vexa a dispersión poboacional como algo negativo. A fisionomía de Galiza é máis semellante ao ámbito europeo, onde tivo lugar a revolución industrial, que á da Europa mediterránea. O problema non é a dispersión. Galiza, que no século XVIII tiña maior densidade poboacional que o resto do Estado, viuse marxinada polo poder centrípeto e hoxe perdeu densidade. O problema non é a nosa fisionomía, senón que esa se vexa ameazada pola dinámica do poder político que fixo que o interior galego fose danado ano a ano acompañado por unha inexistencia absoluta de plans para o seu desenvolvemento e o das súas comunicacións. A morte planificada do rural. Hoxe moita xente podería traballar en calquera lugar urbano vivindo fóra das cidades pero non existen corredores como os chamados de proximidades.

    Fonte: http://outraesquerda.blogspot.com/2008/07/beiras-sobre-os-caminhos-de-ferro-e-o.html

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Política

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...