Hoxe que os medios nos venden a boa (??) nova do plano de ordeación do territorio en Galiza, quero lembrar desas mobilizacións que aínda hai pouco loitaban contra o peche de escolas no rural lugués, e deixar aquí a reflexión de Serge Latouche no seu libro «La apuesta por el decrecimiento» hai pouco publicado por Icaria:
Suprimir una escuela rural, una estación ferroviaria secundaria, un ambulatorio médico rural o una oficina de correos en una aldea rural en nombre del desarrollo, de la modernización o de la racionalidad (…) es contribuir a la muerte de lo local y sabotear los esfuerzos de los que resisten y luchan por volver a dar un sentido a esos lugares.
Que inconsecuencia! Que traxedia ir matando pouco a pouco o rural cando o imos precisar máis ca nunca, pola necesaria volta ao local, ao desenvolvemento autocentrado, ás vilas e aldeas vivas e produtivas!
Que ordeen o territorio, si, para evitar atropelos, pero que o fagan coa ollada posta nunha revitalización rural e non na primacía dunhas cidades que están condenadas sen o agro que as alimente.
[…] comentaba nun texto anterior, a Xunta presenta rufa estes días o seu Plano de Ordenación do Territorio. A sensación diante […]
[…] impostos aos modestos habitantes do rural ao tempo que lles retira o soporte de servizos públicos (escolas, transporte, sanidade…) para atraelos a unhas cidades condenadas. «Deixade o campo, que é o […]