/

Enerxía nuclear: nin antes nin agora

Nalgunha resposta recibida dos parlamentarios galegos á miña carta aberta sobre a cuestión do cénit do petróleo, algún apuntaba cara a repensar a posición da administración sobre a enerxía nuclear.

Ademais de recomendarlle a quen pense que esta ou outras opcións enerxéticas poden substituír o petróleo na nosa sociedade e na nosa economía, en primeiro lugar recomendaríalle a lectura do libro «El final de la era del petróleo barato» e o artigo de Marcel Coderch sobre a miraxe nuclear. E en segundo lugar que tivese en conta que:

  • As centrales nucleares son susceptibles de sufriren sabotaxes, accidentes, atentados, terremotos… con consecuencias devastadoras (lembremos Chernobil).
  • Construír centrales ten un elevadísimo custo económico e enerxético. Ademais leva uns 10 anos contruír cada unha.
  • Precisaríanse construir máis de 3.000 centrales en todo o mundo, e soamente para dar o 40% da enerxía que consumimos hoxe.
  • As centrales producen electricidade, non combustible que poidamos usar para mover o trasporte por estrada, nin os avións nin os barcos. Tampouco nos serve para substituír o petróleo nin o gas natural na agricultura: tractores, fertilizantes, pesticidas, etc.
  • O uranio precisa petróleo para ser extraído (maquinaria mineira).
  • O uranio tamén é un recurso limitado, e ademais moi escaso. Calcúlase que só temos para uns 25 anos (atención: co nivel de consumo actual!!!).
  • Os residuos e os propios reactores permanecen contaminando radiactivamente durante milleiros de anos.

Polo tanto, non nos deixemos embaucar polos cantos das sereas, que só nos levarán a rochas aínda máis perigosas.

As únicas solucións posibles pasan por combinar unha drástica redución no consumo enerxético combinada cunha promoción decidida das enerxías renovables.

Gustaríame engadir para rematar, as palabras Joaquim Sempere e Enric Tello na introdución ao devandito libro sobre o final do petróleo barato:

Ante este escenario abierto a cambios de tal magnitud (…) no resulta sorprendente que los pronucleares cabalguen de nuevo. No sólo el lobby nuclear de siempre. Ahora se le añaden destacados portavoces de las patronales y dirigentes políticos como Tony Blair o Joaquín Almunia, junto a algún dirigente sindical como José María Fidalgo de CCOO. A unos y a otros les quitan el sueño la imagen de fábricas cerradas y miles y miles de parados por falta de suministro energético, y quieren soluciones expeditivas: no están dispuestos a considerar transformaciones sistémicas profundas y a largo plazo. (…) sustituir por centrales nucleares todas las centrales que usan energías fósiles (…) el uranio se agotaría en doce años dejando una herencia envenenada y, además, económica ruinosa (…) pues es un secreto a voces que las centrales sólo se han podido mantener en funcionamiento gracias a cuantiosas subvenciones públicas y al ocultamiento de sus externalidades en la contabilidad económica de sus costes.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego