//

O PSOE erra na súa resposta á crise… pero o BNG tamén

O BNG por boca de Francisco Jorquera criticou as medidas e a diagnose que o PSOE fai da crise económica actual.

Pero eles non acertan moito máis.

Segundo o BNG o PSOE erra na diagnose porque considera o problema conxuntural. Aí de acordo. Pero eles tampouco falan para nada da causa subxacente do fenómeno do cénit do petróleo.

Eles ciritican ao PSOE polas medidas para combater a crise. De acordo, son mesmo regresivas social e politicamente e non van amañar nada, posiblemente empeoren a cousa. Pero o que o BNG propón (orzamentos expansivos, desenvolvemento de infraestruturas, etc.) non é tampouco o camiño, porque se non recoñecen que é preciso un plano de choque para o decremento controlado e a transición enerxética, o seu é outro cul-de-sac socioeconómico.

Jorquera fala dun necesario cambio de modelo. Si, ten razón, pero o modelo alternativo que eles propoñen, aínda que ten aspectos positivos (combate contra a economía especulativa, p.ex.), non é senón unha reforma esquerdista dun modelo inviable: o modelo de crecemento permanente. É preciso que a esquerda nacionalista deste país abra os ollos e vexa que estamos abocados a unha transición a un modelo de sociedad que gaste moita menos enerxía e que a produza dunha maneira máis distribuida e local. Esa transición require un decrecemento económico controlado, porque crecemento económico e crecemento do consumo enerxético van necesariamente da man e ese camiño só ode conducir ao colapso, debido ao límite que impoñen as propias leis da naturaleza.

As medidas na miña opinión deberían incluir nunha política realista:

  • Revisión de todos os planos de investimento público baixo un escenario permanente de petróleo caro.
  • Promoción da soberanía alimentar e enerxética galega.
  • Plano para a relocalización da economía e da sociedade.
  • Impulso maior da revitalización do agro en termos de sustentabilidade e de recuperación de sistemas de produción non dependentes do petróleo.
  • Aposta decidida por biofertilizantes, enerxías renovables e iniciativas empresariais non dependentes do petróleo.
  • Reorientación da economía produtiva cara o consumo interno.
  • Impulso do trasporte público. Penalización do trasporte privado non eficiente.
  • Supeditación total da economía ao benestar social.
  • Abolición pública do mito do crecemento sostible.
  • Penalización do consumismo e da publicidade.
  • Promoción de moedas locais complementarias, bancos de tempo e sistemas de troco.
  • Adopción do Oil Depletion Protocol (como xa comezaron facer algúns gobernos locais noutras partes do mundo) e promoción do mesmo entre os concellos galegos.

(Engadidos 22/06/2008:)

  • Decidida promoción do teletraballo.
  • Substitución dos combustibles fósiles no trasporte público. Despregue de tranvías nas cidades.
  • Creación de liñas férreas de cercanías nas principais áreas urbanas.
  • Promoción do uso da bicicleta nas cidades. Creación de vías ou carrís exclusivos para bicicletas.
  • Peatonalización e disuasión do uso do coche privado nos centros das cidades.
  • Promoción do uso compartido de vehículos (sistemas de car-sharing) e do seu aluguer.
  • Axudas para que os cidadáns (sobre todo urbanitas) poñan en marcha hortas de auto-abastecemento (ref. en Porto, proxecto Horta na Porta). Formación, apoio económico, redución de xornadas e movilización do bano de terras nos territorios periurbáns.
  • etc.

(Engadido 28/06/2008:)

O informe da AIE «Saving oil in a hurry» (febreiro de 2005) proporciona toda unha serie de medidas para a diminución do consumo, e del pódense sacar medidas que poden significar aforros moi significativos a baixo custo. Algunhas das medidas poderían aforrar ata 1 millón de barriles (a nivel mundial) e custar menos de 1 dólar por barril aforrado.

(Engadido 21/08/2008:)

Como xa recoñecía en declaracións á prensa o xefe da General Motors, o tempo dos coches que consumen derivados do petróleo rematou. O etanol será unha solución temporal pero hai que ir cara aos coches eléctricos. Loxicamente, engado eu, cunha electricidade producida de xeito sostible, e local, p.ex. no propio coche mediante paneis solares, ou en centros de abastecemento eléctrico que produzan mediante eólica, minihidráulica, solar, etc. Polo tanto a Xunta debería promover o desenrolo de coches eléctricos e subvencionar a súa adquisición. Para unha mobilidade persoal de curtas distancias, como a maioría das que se producen no interior da nosa dispersa Galiza, son unha solución idónea.

(Engadido 22/08/2008 para incluir algunhas medidas inicialmente publicadas como comentarios ao pé da miña Carta aberta aos políticos galegos: )

  • Reforma fiscal segundo criterios ecolóxicos.
  • Subvencións e vantaxes fiscais para as empresas e iniciativas cidadáns que potencien os circuitos curtos produción-consumo.
  • Obrigar a poñer paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético.
  • Incluir na normativa de construción a obriga de illamento térmico.
  • Gravar cun imposto especial as bombillas incandescentes e outros sistemas de uso enerxético non-eficientes.

(Engadido 31/08/2008:)

Potenciar os mercados locais, prazas de abastos, feiras parroquiais mensuais e outros medios para a relocalización e a soberanía alimentares, para o contacto directo entre pequenos produtores e comerciantes e os consumidores, e para a trasparencia no comercio de alimentos. Realizar campañas públicas de difusión e incentivar unha volta aos hábitos de consumo alimentar sustentables e locais. Son medidas que reclama p.ex. para toda Galiza o Sindicato Labrego Galego baixo o nome de mercados da trasparencia.

11 Comments

  1. Poderíamos engadir unha nova medida política: promoción da recuperación de aldeas mediante proxectos de permacultura e outras formas de agricultura sustentable:

    Vid. como ref. esta nova: Las ‘ecoaldeas’ recuperan pueblos del rural abandonados con actividad agroganadera ecológica y sostenible

    Galicia cuenta con 1.200 aldeas abandonas y en 700 vive una sola persona. Para poner freno a estos números desalentadores existen en la comunidad diversas experiencias de recuperación de pueblos con los máximos criterios éticos y de responsabilidad medioambiental, las conocidas como ‘ecoaldeas’.
    (…)
    Estas ‘ecoaldeas’ puede surgir de la rehabilitación de casas abandonadas o se construyen nuevas. Los terrenos e inmuebles pueden ser comprados en cotitularidad por los nuevos pobladores, aunque en algunos casos son cedidos por los propietarios para que no estén abandonados y, en algún, caso son cedidos por los ayuntamientos de la zona.
    (…)
    A pesar de las dificultades, todos ellos coinciden en que son un «buen instrumento» para luchar contra la «sangría» de desertización de población del rural, crean actividad y fijan población. No obstante, admiten que, por estos motivos, deberían contar con una «mayor implicación» de las Administraciones locales donde se asientan.

    «Las ecoaldeas son muy positivas, pero la gente joven tiene dificultad para hacerse con terrenos o viviendas», lamentó Paul Baker, quien pidió que los ayuntamientos se impliquen no sólo cediendo terrenos de titularidad pública, sino participando también los proyectos.

    «Debe de ser así», reconoció el alcalde de Porto do Son, quien de este modo se mostró partidario de la participación de las administraciones locales, ya que también compartió la importancia de estos proyectos para «recuperar aldeas abandonadas y revitalizar zonas rurales desfavorecidas».

  2. Quen será o valente que lle poñerá o cascabel ao gato?

    Como David Strahan advirte na súa análise de por que Gordon Brown non se parece enteirar das verdadeiras causas da crise, non hai político que queira recoñecer que a única alternativa que hai é reducir o consumo e cambiar totalmente de modelo. Como recoñeces iso e te presentas despois a unhas eleccións? Como apostas polo decrecemento contra o desexo da industria capitalista, do complexo comercial-publicitario, e do consumismo desenfreado que ti mesmo/a contribuíches a asentar nas mentes dos teus votantes?

    Estamos perante un nó gordiano que ten mala resolución desde dentro do propio sistema. Os propios principios do sistemas impiden recoñecer o único diagnóstico que nos pode levar ás únicas vías de solución. As perspectivas de futuro, xa que logo, son moi malas.

  3. Outra mostra da política da Xunta tan pouco adaptada aos tempos por vir é a Cidade da Cultura: Pensan que se vai rendabilizar co turismo local? Porque que se vaian esquecendo do turismo de masas que nos poida chegar en avións de aquí a uns anos…

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego

A volta

Cumpre já esta volta. Cumpre já decrescer ou desaparecer.