///

Folga do trasporte: ensaio menor dunha Galiza sen petróleo

Veño da froitería do meu bairro. A dona estaba queixándose de que por culpa da folga do trasporte tería que pechar a partir do mércores dado que ela nin ten almacén nin cámaras frigoríficas onde gardar mercadoría ate que a folga remate. Aínda que os trasportistas galegos non parece que van secundar a folga maioritariamente, este negocio, como moitos outros semellantes no noso país, terán que pechar sine die. Por que? Porque traen a maioría dos seus produtos de fóra de Galiza.

Se traballasen con fornecedores locais, galegos, non terían este problema. Algunha vez comentando o tema con eles, dinche que se xa teñen probado a traer froita e hortalizas galegas pero que a xente non as quere, que se son máis caras, que se son máis feas (?!)… Pero mira ti por onde, se che falla o abastecemento do exterior (Andalucía, Levante, Canarias… ou mesmo máis lonxe: Perú, China, Nova Zelandia!) tes que pechar. Pois que se vaian preparando porque isto é un ensaio do que vai supoñer a economía e o comercio en Galiza a medio prazo. Os combustibles non van baixar, así que máis lles vale a este tipo de negocio abriren os ollos e ver que lles vai saír máis rendible traballar con produtores canto máis cercanos mellor, porque serán a medio prazo os únicos asequibles. E será moito mellor para a economía do país.

Desde este nivel micro ao nivel macroeconómico debemos pensar nun novo modelo centrado no mercado interno. A mundialización baséase no trasporte barato, e este, como o petróleo que o move, está vivindo os seus derradeiros días.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

1 Comment

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Colapso

Futuro feudal

Cada vez veo más seguro un futuro en el que los nietos de quienes abandonaron el

Progresismo

Cuando alguien está al borde de un precicipio, lo que tiene que hacer es...