Comecei ler a novela gañadora do Premio Xerais no 1994, O cervo na torre, de Darío Xohán Cabana, coa cuestion do cénit do petróleo en mente e tentando albiscar o posible futuro do noso país nesta novela ¿de anticipación? Velaquí comezo algúns extractos que me parecen especialmente interesantes desde ese punto de vista:
Cando eu era pícaro, e xa de grandiño, mallábase o pan a malle. Despois chegaron a degraedoras, e aqueles motores grandísimos de gasolina, montados en rodas (…). Despois empezaron a vir os tractores con tomada de forza, e as degraedoras tamén melloraron. Xa botaban o trigo limpo prós sacos, e unha malla facíase coa metade de xente. E logo, non moitos anos antes daquelo, xa había máquinas que segaban, mallaba, limpaban e empacaban a palla de camiño, todo nas chousas, sen necesidade de traer o trigo prá aira… Outonábase xa sen sucar, eso os que outonaban, que moitos xa non pensaban máis ca nas vacas de leite. Ata as airas se deixaron a campo… E logo acabouse todo, e menos mal que o leite fracasara e se volvera botar bastante pan. Cando se colleu de novo, houbo que volver ós malles, que xa poucos os sabían facer. Os vellos tivemos que aprenderlles ós novos… O que lle quero dicir é que da outra vez o malle debeuse empregar dous mil anos ou máis, sen cambio ningún, e agora xa ve…
Coido que describe moi ben o que pode ser unha involución na tecnoloxía agrícola no noso país cando o combustible estea polas nubes ou simplemente non estea dispoñible. Pero matino eu… e daquela xa nos quedará quen saiba facer a malla á antiga maneira? 🙁
[…] « “O cervo na torre” revisitado: fición ou próxima realidade? (I) 04 06 2008 […]