(ou máis rigorosamente… Galiza sen derivados do petróleo barato. Artigo escrito esquematicamente seguindo as recomendacións de escritura para Web de Jakob Nielsen.)
Situación actual:
- Encarecemento exponencial dos combustibles fósiles. Probablemente permanente <- Cénit da produción de petróleo.
- Economía entrando en profunda crise.
- Estado desarmado (normas da UE, liberalización, privatización…).
- Crecemento continuado imprescindible para soster o sistema económico.
- Economía especulativa.
- Crise da democracia.
Posibles consecuencias a medio-longo prazo:
- Destrución masiva de emprego.
- Destrución de tecido produtivo.
- Reversión da mundialización.
- Guerras polos recursos.
- Hiperinflación. Estanflación.
- Colapso do sistema bancario.
- Crack das bolsas.
- Colapso do Estado.
- Rexordimento do fascismo.
- Fame.
- Epidemias.
- Danos ecolóxicos: pulo do carbón, enerxía nuclear…
Transición precisa a medio prazo (pero que precisa medidas urxentes desde xa):
Agora | Cambio que precisa Galiza |
---|---|
Economía especulativa | Economía produtiva |
Produción orientada á exportación | Produción autocentrada |
Turismo masivo en avión | Turismo reducido en tren |
Autoestradas | Ferrocarril |
Agricultura industrial | Agricultura ecolóxica |
Gandeiría industrial | Gandeiría tradicional |
I+D | Recuperación do saber tradicional |
Importación/exportación de alimentos | Soberanía alimentar |
Abandono do rural | Retorno ao campo |
Produción eléctrica centralizada | Produción eléctrica local |
Abuso do coche | Trasporte público eficiente |
Hipermobilidade | Mobilidade imprescindible |
Traballo lonxe da casa | Traballo preto da casa |
Combustibles fósiles | Biomasa |
Incineración de residuos | Compostaxe |
Grandes superficies | Tendas locais |
Usar e desbotar | Reciclar |
Mundialización | Relocalización |
Moeda única | Moedas locais, troco |
Multinacionais | Pequenas empresas |
Competitividade | Cooperación + mercado local |
Grandes áreas urbanas | Vilas |
Política «común» | Política autónoma |
Máis información:
Galiza podería estar relativamente preparada para o futuro, paradoxalmente, grazas ao seu relativo atraso e configuración socioxeográfica:
(Teoría do Lugar Central, en Wolf at the Door)
Seica non está describindo en boa medida un país como o noso? Hai por tanto motivos para a esperanza (cando menos en Galiza). Pero non podemos estragalos!!
En India deixan os tractores e volven aos camelos. Tardaremos en volver ver burros, bois, cabalos traballando nas nosas leiras e montañas?
[…] « Galiza sen petróleo 03 06 2008 […]
Perante unha consulta que deixei nos foros de CulturaMaritima.org recibín algunha resposta sobre a viabilidade de volver aínda que fose parcialmente á vela para a pesca de baixura. Grazas aos que responderon!
O Banco de Terras de Galiza paréceme unha ferramenta tremendamente útil no contexto que se achega no que moita xente quererá buscar un refuxio para o autosubstento no rural. Quizáis aínda sexa demasiado cativa a oferta para toda a demanda que se prevé e o sistema morra de éxito. Esperemos que aínda que non fose creado para isto, lle poidamos sacar proveito.
[…] na torre, de Darío Xohán Cabana, coa cuestion do cénit do petróleo en mente e tentando albiscar o posible futuro do noso país nesta novela ¿de anticipación? Velaquí comezo algúns extractos que me parecen especialmente […]
Sobre o da reversión da mundialización (mal chamada «globalización», nun deleznable calco do inglés) velaquí tedes a tradución ao castelán dun interesante artigo, publicado nun web canario sobre a cuestión do esgotamento do petróleo.
Copio aquí a xeito de resume, un extracto do devandito artigo:
Que estupidez maiúscula están facendo na mina de Meirama!!! Dentro de pouco hanse tirar dos pelos cando haxa que sacar de aí toda esa auga para volver poñer a mina en produción para queimar o noso vello e suxo carbón!!! Por suposto esa auga quedará contaminada e xa veremos que fan con ela…
Non hai maneira de deter ese proxecto?!?!?
Ollade o que comenta un asiduo no foro de CrisisEnergetica.org:
E adaptando iso a Galiza… en que posición estamos, levo tempo preguntádome eu?
Copio aquí un fragmento da páxina titulada «El mundo ante el cénit del petróleo», do wiki de CrisisEnergetica.org:
Coido que apunta no mesmo sentido que o texto que eu elaborei pensando nos efectos a nivel galego.
Sobre a cuestión do cambio de modelo agrogandeiro industrial ao pequeno-tradicional-ecolóxico vid. http://www.relocalize.net/small_farmers_are_20_times_more_productive_than_large_ones
Zac Goldsmith, do partido conservador británico, tamén prevé unha inevitable re-localización da economía e da produción de alimentos. É clave esta tendencia e todo planeamento público que non a teña en conta, será irresponsable:
[…] Non poderemos facer pervivir a clase obreira despois do petróleo, pero si que podemos axudar a (re)nacer unha meirande clase labrega, digna e forte, que será a columna vertebral dunha Galiza sen petróleo. […]
Seguimos con estas cuestións en http://vesperadenada.org e mais en http://www.cenit-del-petroleo.info