/

Circunscrición para a «Quinta Provincia» xa!

En coherencia co defendido dentro da Asociación Cultural Fillos de Galicia en diversos dos seus manifestos políticos, asemade de en medios galegos en forma de artigo de opinión, tras recibir apoios por e-mail de diversas personalidades da nosa diáspora, e á vista do tempo que queda para as seguintes eleccións galegas, coido chegado o momento de poñer en marcha unha campaña online nos seguintes termos:

CONSIDERANDO que os dereitos de representación política dos galegos da diáspora serán mellor exercidos mediante representantes de seu,

CONSIDERANDO que os políticos galegos denigran aos votantes do exterior empregando termos como cancro, escándalo, etc. e que parte dos motivos teñen que ver co feito de estaren os votos destes cidadáns mesturados cos das 4 provincias,

CONSIDERANDO que a diáspora conforma un xeito de quinto territorio que non ten representación política separada,

CONSIDERANDO que dispormos desta circunscrición específica, a nivel análogo ás 4 provincias actuais, só reportaría vantaxes á hora de comprender a vontade política dos galegos do exterior,

CONSIDERANDO que a coherencia política reclama dos partidos que piden a circunscrición para a diáspora no Parlamento Español, a defendérena tamén no Parlamenteo Galego

CONSIDERANDO que outras entidades parlamentares en Europa optan por este modelo de asignar circunscrición de seu aos votantes non residentes,

DEMANDAMOS

que se poñan en marcha con urxencia as reformas lexislativas axeitadas para, en paralelo a unha depuración do censo e a unha maior seguridade da maneira de exercitar o voto, os votantes galegos do exterior elixan para as eleccións autonómicas galegas de 2009 os seus propios representantes no parlamento galego, conformando unha 5 circunscrición electoral que se engadiría ás actuais provinciais.

As persoas e entidades que queiran apoiar este reclamo están invitadas a expresáreno mediante un comentario nesta mesma páxina.

Provincia de A CoruñaProvincia de LugoProvincia de OurenseProvincia de Pontevedra
Bandeira proposta para a Quinta Provincia ou Diáspora Galega

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

15 Comments

  1. Onte Esquerda Unida interrompeu a sesión do Parlamento Galego con outra reclamación para a reforma da lei electoral galega. Coido que é o tempo de xuntar as demandas de reforma e abrir o debate a tempo para que se fagan de cara xa ás vindeiras eleccións galegas. Non se pode esperar máis!

  2. pARÉCEME NECESARIO E FUNDAMENTAL QUE SE ESCOITE DUNHA VEZ A VOZ DO POBO. E TODOS NÓS, OS GALEGOS QUE TEÑEN O PRIVILEXIO DE VIVIR NA TERRA; E OS QUE VIVIMOS FORA DELA POIDAMOS TER A NOSA REPRESENTACIÓN PARA FORMAR O QUE TODOS SOMOS: GALIZA.
    XA É HORA DE QUE SE ESCOITE A ESA METADE DE GALEGOS QUE MÁIS PRETO OU LONXE LATEXAN EN GALEGO E COMO CASE SEMPRE, OS POLÍTICOS SÓ LEMBRAN NAS ELECCIÓNS. FAGAMOS A 5º ´PROVINCIA GALEGA. AQUELES GALEGOS QUE DURANTE MOITO TEMPO TIVERON DE EMIGRAR POIDAN SENTIR QUE NA SÚA TERRA NAI SE LLES TEN EN CONTA. SAUDOS
    GALLAECIA

  3. Manuel,
    Me parece una excelente idea, como todas las tuyas, te habrás dado cuenta que no participo mucho en Filos, pero realmente tenía que darte mi total apoyo, ya que los políticos son de hablar mucho, pero cuando asumen se olvidan de TODO y de TODOS, y, por lo que veo no es solo en Argentina.
    Un fuerte abrazo, y como decía un conductor de televisión, «siempre pa lante».

  4. Esta idéa é bem vinda.
    Vivo en Sao Paulo – Brasil y tengo mucho que hablar en favor desto!

  5. Eu quixera engadir outro comentario sobre o dereito de voto dos galegos da diaspora: Se poden votar nas eleccións galegas todolos galegos residentes no extranxeiro e dicidir na politica galega, coido que outro tanto dereito a voto temos os residentes en outras autonomias españolas, ya que nos toca máis de cerca sufrir as decisións da Xunta e do Parlamento Galego.

  6. Engadir ó comentario anterior que estou totalmente de acordo con que haixa unha circunscripción para esa «5ª provincia». Anque resida noutra comunidade tamen teño interes en Galicia e hai decisións politicas que me afectan de algunha maneira.

  7. Escoitei onte con pesar que o Parlamento Galego ten pensado aprobar con urxencia unha solicitude para reformar o voto emigrante a tempo para as vindeiras autonómicas, pero no que exclúen o asunto da circunscrición electoral da diáspora. Perderemos outra oportunidade pola incoherencia, cando non hipocresía dos políticos galegos? :-((

  8. Criar bandeiras provinciais é aceitar umha divisom administrativa obsoleta e absurda. Dentro da Galiza o galeguismo está a tentar eliminar as províncias como entes administrativos e criar os seus entes próprios. Som decimonónicas e fora de lugar desde que existe umha Comunidade Autónoma com governo próprio e competências políticas, administrativas e económicas. Aqui som pouco queridas as províncias e estamos querendo optar por divisons mais adequadas para gerir melhor o povo galego do interior.
    Concordo no entanto com a ideia de criar umha demarcaçom eleitoral própria para os galegos do exterior. É um direito.
    Ve-de este web:
    http://www.bandeiragalega.com

  9. Ben, parece que o das bandeiras provinciais non era tan oficial como daba a entender a súa presenza na Wikipedia, así que as vou eliminar e deixarei unicamente a da Nación Mundial Galega como representación (imperfecta) desta quinta provincia.

  10. Confirmouse a incoherencia dos partidos galegos. Onte informouse de que aprobaran por consenso PSdeG, BNG e PP unha solicitude a Madrid para acometer certas reformas do voto da diáspora que deixan fora a posibilidade da Circunscrición Propia. Esta era a oportunidade de amosar a súa coherencia e que elixen a mellor forma de nos representarmos pero parece que non lles convén. Especialmente rechamante cando si que a reclaman para o Parlamento Español. De novo a clase política galega demostrou non estar á altura >:-(

  11. Hoxe tiven o pracer de ler na nosa lista de correo de debate, a Rolda, un artigo de Manuel Rivas que reenviaba un compañeiro. Titúlase Proposición para refundar Galicia enteira e de entre as súas liñas quero aquí e agora salientar estes parágrafos:

    Dentro da emporcada, rara e gris campaña electoral, houbo un texto que me causou especial turbación e tristeza. O manifesto titulado Se resides, decides. Doeu porque respecto moito á xente que o asinou. Porque sei que a intención primeira é a dun proceso electoral na emigración o máis limpo posíbel. Algo que, por certo, [b]vén sendo reclamado polas asociacións máis activas da diáspora, como Fillos de Galicia.Org[/b]. Que sexan galeguistas, mesmo persoas sobranceiras na cultura, os impulsores do manifesto é un dos contrasentidos que estamos a vivir. Un feito máis que demostra a necesidade de repensar, de profundar e refundar moitas cousas.

    O chamado voto emigrante non é un problema. É dereito de cidadanía. Un dereito que ninguén, dende unha ollada progresista, pode pretender capar. Outra cousa é a necesidade de reformar o sistema de votación. A necesidade de elaborar un censo rigoroso e de estabelecer o voto en urna ou coas máximas garantías. Mais o texto é errado na súa afirmación central: «A iniciativa aspira a dar resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercicio do dereito a voto ao tempo que mingua, ou directamente nega, dereitos a colectivos que residen de forma permanente no país (mariñeiros, penados, inmigrantes)».

    Os tópicos son sempre desacertados. Máis neste caso. Quen pode afirmar que os que residen no exterior só teñen por vínculo co país o dereito a votar? Por suposto, non é así na maioría emigrante. Pero, postos a comparar, eu aínda iría máis lonxe: hai hoxe galegos e galegas nados en Arxentina, en Uruguay, en Estados Unidos, en Inglaterra, Alemaña ou Francia… que teñen máis coñecemento da cultura galega e dos problemas da Galicia territorial que xente que vive aquí e á que lle importa un nabo o pasa alén da Ponte da Pasaxe ou da Ponte de Rande.

    O outro erro é contrapoñer os dereitos dos emigrantes, comezando polo voto, cos dos inmigrantes e outros colectivos. Verbo de dereitos humanos, cómpre abrir portas, mais sen pechar as que están xa abertas. É unha vergoña que non se artellase aínda un sistema operativo que permitise votar aos mariñeiros. É unha inxustiza que non voten os inmigrantes que levan anos traballando, tan galegos como calquera. Mais, por que mesturar ese asunto co voto emigrante?

    Grazas, Manuel, polas túas palabras e por esa dor que coma min e moitos sentiches polo nacemento desa chamada plataforma. Dasnos azos para continuarmos na loita por ser nós tamén galegos.

  12. Finalmente semella que nos darán a razón!

    Tanto PP como PSOE han advertido que la reforma del voto exterior llevada a cabo el pasado año ha acabado por marginar a la emigración de las citas con las urnas. Por ello, los dos partidos e IU han adelantado que promoverán una nueva reforma, en la que se eliminará el voto rogado y se podría dotar a la diáspora de escaños propios en las Cortes.

    Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/elecciones-gallegas-2012/2012/10/17/voto-correo-emigrante-abren-ruta-abstencion/0003_201210G17P3994.htm

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego

A volta

Cumpre já esta volta. Cumpre já decrescer ou desaparecer.