//

Agregando novas con Aggreg8

Despois de moito tempo volvo á carga. Esta vez para comentar (e recomendar) unha útil ferramenta para quen queira estar ao tanto das súas fontes de información RSS favoritas: chámase Aggreg8, provén dun proxecto universitario, é gratuito, moi doado de usar e só para Mozilla. Persoalmente vaime axudar a loitar conta a infoxicación, ao me permitir xuntar diversas fontes que consulto para me manter ao día. Por certo, que é unha mágoa que o Mozilla completo non dispoña da interesante característica Live Bookmarks que ten o Mozilla Firefox (versión só navegador); espero que corrixan este trato desigual nas próximas versións do programa completo.

Máis información sobre RSS na Wikipedia.
Tamén sobre outras ferramentas agregadoras.

1 Comment

  1. Lamentablemente ten un fallo o Aggreg8. Se non tes a boa idea de gardar ou exportar dalgún xeito as fontes de novas (como arquivo OPML ou XML… ou sinxelamente copiar e pegar as URLs nalgures) como se che ocorra actualizar o Mozilla… has perder todas as fontes recopiladas!!! 🙁 De feito foi o que me pasou. En fin, a ver se aprendo ;-D Como non hai mal que por ben non veña, ou iso din, vou aproveitar para pasar do Aggreg8 a unha especie de fillo seu, o Habari Xenu, que nese sentido é máis limpo pois garda as fontes como uns bookmarks máis e así sempre che han quedar no perfil. E co tempo xa irei recuperando aquelas fontes que tiña no Aggreg8 ou atopando algunha outra mellor sobre os temas galegos, internéticos ou da contrainformación. Ademais o propio autor de Aggreg8 tamén usa estoutro así que… 😉

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de De Technologia Retis

5G vs. 7G

No necesitamos una tecnología 5G: necesitamos una ética 7G.