///

Ciberactivismo: a Rede solidaria. E 5) Ciberactivismo galego

Se facemos unha busca en Internet por ONGs e semellantes que teñan que ver con Galicia, atoparemos panoramas diferentes segundo por onde busquemos: por exemplo, dentro do directorio do famoso Vieiros (www.vieiros.com) soamente atopamos 9 enderezos na sección de ONGs. O buscador Enxebre (www.enxebre.com) nin tan sequera ofrece unha sección para este tipo de webs. O maior número de ligazóns o atopamos en Galiciacity, con 25 entradas na zona de ONGs. De todas formas, non están tódalas que son, nin moito menos. O ciberactivismo galego aínda non está ben interconectado nin ten unha difusión axeitada. Un primeiro paso parece que se vai dar cunha páxina ofrecida pola empresa ferrolá CIF & NET chamada Directorio Galego de ONGs (www.cif.es/ong), que de momento está case baleira.

De calquera forma velaquí tedes algunhas asociacións destacadas no activismo galego na Rede:
· A Ciberirmandade da Fala: asociación que loita polo emprego do galego en Internet con actividades de denuncia e información sobre a lingua galega e a normativa que lexisla o seu uso (valbuena.fis.ucm.es/~camilor).
· A Plataforma polo Galego na Informática: asociación de informáticos e filólogos nada a raíz da «I Xornada polo galego na Informática» organizada en 1994 na Faculdade de Informática da Universidade da Coruña e que loita pola normalización da nosa lingua no eido informático (sol.des.fi.udc.es/becarios/pardo/Plataforma.html).
· A Mesa pola Normalización Lingüística: ONG que leva xa 12 anos na loita polo galego en tódolos terreos (www.interbook.net/colectivo/amesanl).
· A Leiteira: a prol do sector lácteo galego (www.vieiros.com/leiteira).
· Meniños: fundación para a infancia promovida polo Colectivo Galego do Menor (www.meninos.org).

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Ciberactivismo

5G vs. 7G

No necesitamos una tecnología 5G: necesitamos una ética 7G.