///

Ciberactivismo: a Rede solidaria. 4) Algúns éxitos do ciberactivismo

· A incrible proposta do Departamento de Agricultura dos EE.UU. de permitir que alimentos xeneticamente alterados, irradiados ou cultivados con lama tóxica (¿Doñana?!) levasen a etiqueta de «orgánicos» foi retirada despois de que 200.000 persoas se opuxeran. Foi o resultado dunha campaña levada a cabo por asociacións pro-orgánicas en todo tipo de medios, incluída Internet.
· O 10 de Abril de 1998, os Zapatistas conseguiron, na primeira ciber-asentada da historia, ter todo o día bloqueado o web do Goberno Mexicano cunha sobrecarga de visitas de internautas dende 23 países. O EZLN é segundo a prestixiosa revista Wired o grupo político de todo o mundo coa mellor presencia na Rede.
· En Maio de 1998 os ecoloxistas levaron a cabo un bloqueo de talas a través de Internet. Acampados xunto a unha fraga do norte da Columbia Británica, enviaron fotos da súa destrucción vía satélite a un web de denuncia.
· A Ciberirmandade da Fala ten conseguido mediante o envío de e-mails que un bo número de webs de empresas e institucións galegas incluísen a súa información en galego.

Manuel Casal Lodeiro, Barakaldo (1970). Escritor, divulgador, activista, aprendiz de labrador y de padre.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Ciberactivismo

5G vs. 7G

No necesitamos una tecnología 5G: necesitamos una ética 7G.