[Publicado en Synapsis]
Esta organización, unha das máis famosas das nadas na Rede e para a Rede, naceu en 1990 en San Francisco, California, co obxectivo de procurar solucións a certos problemas que estaban a aparecer nos novos espacios electrónicos, ao mesmo tempo que asegurar a protección dos dereitos fundamentais dos seus usuarios:
· a protección dos rapaces fronte a materiais potencialmente ofensivos,
· a protección da propiedade intelectual,
· determinar qué leis dos países se poden aplicar a medios como Internet que non están ningures e mais están en todas partes ao mesmo tempo,
· a protección da privacidade,
· a protección contra a censura.
Tamén promoven o coñecemento e a difusión das posibilidades que ofrecen estas tecnoloxías para tódalas persoas, apoiando medidas políticas que garantan un mellor acceso e eviten a regulación e os monopolios. Estas accións están espallándoas dende os EE.UU. ata o noso ciberespacio. Por exemplo, FrEE (www.arnal.es/free), Fronteras Electrónicas de España, nada en Galicia, ben tendo os seus mesmos obxectivos, pero centrado na Internet de fala hispana e a Internet en España.
Dúas das campañas máis importantes da EFF son:
· Blue Ribbon Campaign, contra a censura en Internet, promovida conxuntamente coa American Civil Liberties Union, e mais o Electronic Privacy Information Center. Contra o que di a Declaración dos Dereitos Humanos, os lexisladores dos EE.UU. e outras partes do mundo tentan dicirnos o que podemos e mais o que non podemos ler/ver/escoitar tanto nós coma os nosos fillos. Mesmamente o Parlamento Europeo deu luz verde aos sistemas de filtrado na Rede en Outubro de 1997. Pero son países como China, Turquía, Arabia Saudita, Malaisia, Tailandia, Singapur, Corea do Sur ou Bahrain quen levan o premio mundial aos cibercensores.
· Gold Key / Privacy Now! Campaign, pola liberdade da encriptación. Os EE.UU. queren limitar a potencia dos algoritmos que codifican as mensaxes de correo electrónico ou os arquivos para que as súas axencias (CIA, etc.) sexan capaces de os saltar e ler o seu contido. A Declaración dos Dereitos Humanos tamén ampara a privacidade da comunicación.
Web: www.eff.org
Newsgroup: comp.org.eff.talk
E-mail: webmaster@eff.org