Archivos de la categoría Galego inventado

Hainos que falan con xeito e outros que se trabucan a eito

A lingua galega, a perdedora do debate na TVG

E se non, atentos á miña escolma (como nas películas, en orde de aparición):

Touriño:

– esforzo invisor
– fai tempo que / fai catro anos
– dice usté
– ustede
– ahora
– subida
– ciudadano
– peces
– calquer
– aztivar
– sin
– y
– bueno
– tan siqueira
– quin
(por quen)
– población
– si
(por se)
– ochenteún
– quinientos
– diztada
– queramos
– podría
– Cenicienta
– bienestar

– Innumerables pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. Lle falo…

Quintana:
– eu viñen
– a partires de agora
– que vamos a facer
– eiquí / aiquí
– querrá
– calquer
– a labor
– salga
– paztamos
– para que mantéñase
(hipercorrección na colocación do pronome)
– enseñar
– hasta
– si
(por se)
– pudera
– quiso
– eu lle pregunto
– sólo
– diputados
– xa non cola
– sea
– aínda encima
– fai tempo que
– eso
– quinientas
– en un

– Pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. O fai porque…

Feixó:
– desplome (se plomo é chumbodesplomar non estará admitido, ou? Non ollei aínda o dicionario)
– subida
– inflación subiu de forma exponencial
(isto é unha patada matemática en toda regra!)
– caiu
– eiquí
– a leite
– crisis
– plantexa
– a partires de aí
– sin
– si
(por se)
– dicen
– quinientos
– esté
– un peaxe
– vai a decir
– habíamos quedao
(!!)
o 70% dos españois se sinten tan españois como galegos (iso é política-fición!!!!!! o mundo ao revés! contaminación procedente das zonas de América onde chaman gallegos a todos os españois?!)
– ustede
– carai
– fai 2 ou 3 anos
– libertá
– disminuíndo
– vamos a facer

– Pronomes tamén mal colocados: p.ex. Iso o decía…

Erros comúns aos 3: graves castelanismos léxicos e gramaticais, colocación desacertada da maioría dos pronomes que se colocan diferente do castelán (os 3 case por igual), curiosa coincidencia no quinientos e no si en troques de se (condicional)… Só se salvaba a fonética de Quintana. E curioso o eghqueísmo de Touriño (pronuncia de h aspirada en troques de s ao final das palabras seguidas doutra consonante, como seica fan nalgunha zona da Barbanza e da Costa da Morte).

17 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Qué grandes líderes, qué grandes lenguas

Hoy me centraré en la calidad del idioma de dos líderes del Partido Popular, el candidato a presidente, Mariano Raxoi y su líder local, Alberto Núñez Feixó. El primero me lleva sorprendiendo bastantes días por el nivel tan rebajado de castellano que le estoy oyendo en esta campaña: careto, currante, se ha olvidao… No sé a qué tipo de votante se quiere dirigir con ese lenguaje, si es que pretende ir en plan colega super-coloquial de la muerte o qué, pero queda bastante mal en un aspirante a Presidente de España.

Feixó, aprende a falar o galego, carallo!!El amigo Feixó por su lado sigue machacando la gramática del gallego en sus discursos e incluso en su blog (v.g. doceas en lugar de ducias): a parte de no colocar un pronombre bien ni de casualidad, se suma al infame a partires con sus declaraciones trasmitidas hoy en la TVG (a partires do nove de marzo…).

Debe ser cosa del partido ese pesares porque lo podemos leer también en el renovado web del PPdeG.

En la noticia ahí referida también nos regaló el líder del PP gallego otra patada cachonda, cuando anunció que crearían una agencia que se pusiese al frente de los accidentes y las catástrofes en el mar. No dijo al frente de su solución o gestión, sino al frente de los mismos, por lo cual entiendo que los piensan provocar o algo así. Para echarse a temblar viendo los precedentes del Prestige.

Pero no queda ahí la cosa: según él Raxoi no ejerce de gallego, sino como gallego. Imagino que ejerce de alguna otra cosa como si fuera gallego. ¡Qué misterio!

Y ¡más! Aquí tenemos otra joya de la gramática feixoísta: imos a gañar. ¿Tanto les cuesta usar un corrector de gallego a los del PP?

3 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado, Otras patadas

Carme, bebe ou conduce!

Grazas a Alberto por esta patada recén enviada:

Entrando en Coruña por Alfonso Molina la mañana del domingo 24 de febrero los paneles informativos de la DGT mostraban una curiosa exhortación:

‘Carmen, ponche o cinto!’

Si yo fuese Carmen no sabría si decidirme por el cinto o por el ponche, pero sorprende que sea la DGT la que ofrece tales alternativas.

Reconozcamos que seis horas después ya les había llegado el chivatazo y habían corregido a un sobrio (por la falta de ponche) y correcto gallego: ‘María, pon o cinto!’

Parece que o tradutor cheísta-reflexivo ataca de novo!! 😀

1 comentario

Archivado bajo Galego inventado

Sumarche e inscribirche

Parece que o detestable software de tradución automática que usou (?) Banesto está a facer estragos nalgún outro sitio. Hai uns días chegoume un e-mail non solicitado que remataba cun párrafo que incluía este arrepiante galego:

Se estás interesado, non dubides en inscribirche na nosa páxina para sumarche á elaboración deste novo e ambicioso proxecto (…)

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Fidel retírase e os cubanos comezan espiarse entre eles!

Hoxe o presentador do telexornal do mediodía (cuxa fonética xa podían ter outros!) comentou que á hora na que se estaba emitindo este noticieiro da TVG, en Cuba eran as 8:30 da mañá e o país comeza a espreitarse. Dado que espreitar non é o mesmo que espertar, senón:

1. Vixiar con atención e disimuladamente. 2. Observar atentamente.

…xa imaxino aos cubanos espiándose os uns aos outros, como nas peores épocas do estalinismo na Europa Oriental.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Os (a)pesares dun líder nacionalista

Mágoa escoitar como Anxo Quintana, o líder dun partido que basea supostamente a súa ideoloxía na defensa da cultura e lingua do seu pobo, comete erros tan tremendos no uso desa lingua como o «a pesares de» que aínda lle escoitei onte. E non é o unico, coido lembrar que a conselleira de Cultura, do mesmo partido, tamén mete a pata no mesmo burato. Que país! Que líderes! :-((

1 comentario

Archivado bajo Galego inventado

Agir, axir..? Allir!!! :-D

Hai un par de días os xornalistas da Crónica das 2, de Radio Galega (van camiño de se converteren nas estrelas deste blog este ano!) fixéronme rir pronunciando a tan-famosa-de-súpeto organización AGIR como ‘allir’, en troques de ‘axir’ como se escribe en galego coa ortografía oficial. Ou querían insultar con esa pronuncia aos reintegracionistas en conxunto (podían en todo caso pronunciala á portuguesa!), ou ben descoñecen a existencia do verbo axir en galego. Lamentable en calquera caso.

3 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

PescaDeRías: a propia Xunta incumpre a normativa ortográfica

Pesca De Rías: como patear un idioma desde o propio goberno que ten de defendeloA presentación da nova marca (ou label como o chaman noutros lares) para os produtos galegos do mar, PescaDeRías méreme 2 críticas: por unha banda amosa unha subordinación mental do galego ao castelán porque o creativo que a inventou e os responsables políticos que a aprobaron parecen dar por bo o xogo de palabras con outro idioma, xa que pescadería é unha palabra castelá (en galego é peixería). Por outra banda, o lema asociado á marca en toda a cartelaría que puiden ver onte na TVG contén un erro ortográfico: ¿De onde se non? Xa hai uns cantos aniños da aprobación da nova norma ortográfica do galego que entroutras cousas indica que non é correcto poñer o signo inicial de interrogación. Que podemos pensar do compromiso co idioma dun goberno que nin tan sequera se molesta en coñecer e usar a norma oficial? Absolutamente deplorable e vergoñento!!!

9 comentarios

Archivado bajo Colonización lingüística, Galego inventado

Pero que carallo lles pasa aos de Radio Galega?

Onte na Crónica das 2, en Radio Galega, os xornalistas de informativos seguiron a dar patadas ao galego: ademais de insistiren 2 delas na pronuncia complekso (vid. anterior patada sobre a taksa) , regaláronnos un por elo e un oficiña. Non teñen unha equipa de corrección lingüística que ademais de revisar previamente os textos que han ler, os corrixa a posteriori cando pronuncian mal ou meten patadas en textos non revisados? Que vergonza para unha radio pública!!!

5 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Laicicidade

Pobriños xornalistas! Tanto laicismo por aquí, laicidade por alá… e ao final inventan a laicicidade (virá de laicico?): escoitado en Radio Galega, o 1 de febreiro.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Olas frikies

¿Olas que leen tebeos?Cuando escuché este término en la TVG el pasado día 31 (ondas frikies, en gallego), imaginé inmediatamente que se trataba de una patada. En efecto se trata de olas monstruosas (freak waves según la Wikipedia, con entrada también en castellano), nada que ver con frikies (monstruitos), término adoptado en castellano para referirse a jóvenes raritos, aficionados al comic, a juegos de rol, fans de Star Wars o Star Trek o El Señor de los Anillos… (vid. también en la Wikipedia una mejor y más completa definición).

Así que o las olas leían tebeos o estamos ante una de las patadas más cachondas del año 😀

1 comentario

Archivado bajo Galego inventado, Traduttore traditore

As patadas de Kiko da Silva

Veño de ler (nun periquete, por certo) o último libro que recibín de agasallo co meu pedido do Biblos Clube: O humor non engorda…!!! do humorista gráfico Kiko da Silva. E en efecto non engorda, non: pero dá ás veces demasiadas patadas ao idioma. É unha mágoa que nin o autor nin os editores se tomaran a molestia de corrixir os numerosos erros lingüísticos que conteñen os chistes gráficos incluidos nesta antoloxía. Velaquí os que eu detectei:

  • – Xa poderiamos comezar polo propio título: a que veñen eses puntos suspensivos seguidos de 3 admiracións? Teñen o máis mínimo sentido lingüístico? Que información achegan á frase?
  • – Numerosos Jo, Joé e Joer, claramente casteláns.Creo que non lin un só carallo, por certo, que sería unha das alternativas galegas a esa exclamación, só un carafio.
  • Eu vos declaro marido e muller… (p.19).
  • estos (p. 24)
  • xauría (p. 25)
  • …para ver se cola (p. 27)
  • Vou a denunciar… (p. 29)
  • …comezar a encher… (p. 31)
  • Vos dixen(p. 35)
  • …volveron a subir… (p. 35)
  • podrán (p. 42)
  • Asco de tempo… (p. 43)
  • Cantas veces te teño dito… (p. 44)
  • estén(p. 49)
  • valeira… (p. 51)
  • trola(p. 56)
  • un ave voador(p. 57)
  • …cor vermellocucharada (p. 63)
  • Lugar libre de fumos (p. 80)
  • disfrazeguai (p. 82) (O modismo castelán poderíamolo pasar)
  • Estos sí que… (p. 84)
  • …para vir a velo (p. 88)
  • …viña a pedir… (p. 89)
  • …volveu a subir… (p. 90)
  • …o réximen (p. 91)
  • Vou a poñerme… (p. 94)
  • …volve a defender… (p. 94)
  • valeiro (p. 95)
  • …primaveira… a sangue (p. 96)
  • …sigo… (p. 99)
  • Baraxas (p. 101) (refírese ao topónimo madrileño: en todo caso, de o poñer en galego… non debería ser Barallas?)
  • …para ir a mexar… (p. 103)

E xa non digo nada da acentuación, que optei por pasar por alto! Sería moito pedir un pouquiño máis de coidado e limpar estes castelanismos ou castrapismos? É especialmente grave se pensamos que estiveron saíndo na prensa diaria no xornal de máis tirada de Galiza.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Banesto: Patada bancaria ao galego!!

Banesto e o seu perraleiro galegoO outro día os meus ollos pousáronse -para o meu arrepío- nun escaparte dunha oficina de Banesto: formando parte da cartelaría dunha campaña na que non sei que carallo de produto bancario promocionaban, puiden ler: algo así como abre unha conta de tal tipo e…» lévache un TV LCD». :-O

Quen é o que cha leva? O director da oficina de Banesto? Non o mencionan. É máis que evidente que é unha tradución perralleira do castelán «y llévate…».

E non lles dá vergonza. E o peor é que é moi probable que ninguén dos empregados nin dos clientes se queixara para que o retirasen. Eu non son cliente pero estou por entrar un día e esixirlles que ou aprenden a escribir en galego ou que retiren ese cartel contaminador.

9 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

A taksa de desemprego!

Coido que foi o mesmo xornalista que o outro día vía números alaranxados na bolsa, que hoxe nos falaba da taksa de desemprego no informativo das 14 h na Radio Galega. Hai que ter un coñecemento moi curioso do galego para pronunciar unha ‘x’ entre dúas vogais como ‘ks’.

11 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Nomeados

Seguimos copiando o peor do castelán! Castrapizando o galego pola peor parte do dicionario castelán! Que no dicionario do español acepten o barbarismo de nominar en lugar de proponer, non quere dicir que no dicionario de galego haxa que facer o propio e subtitular Dous españois nomeados unha noticia no telexornal da TVG (onte día 22) sobre os propostos para os premios Oscar. Nomear que eu saiba aínda non ten esa acepción admitida en galego e espero que nunca a teña.

Por certo que dá vergonza allea ver como os encargados dos subtítulos do Telexornal aínda non se enteraron da última reforma ortográfica, e olla que hai anos xa dela! E seguen a poñer a segunda forma do artigo pegada aos verbos: p.ex. subvenciona-las en troques de subvencionar as. Que bochornoso! :’-(

4 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Números roxos

Hoxe na Radio Galega, a conta das caídas das bolsas destes últimos días, puiden escoitar a un xornalista no noticieiro das 14 h, falar de números roxos. Se temos en conta que esa palabra en galego identifica unha cor (normalmente de cabelo) entre o vermello e o amarelo (algo así como o laranxa), entón xa quedo máis tranquilo: mentres non sexan vermellos a cousas non está tan negra! 😉

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Atávico Quintana

Quintana non é un cromagnonQue sería de nós sen os nosos líderes políticos, tan humorísticos eles! Que sería ten termos o periódico circo das campañas electorais?

Declaracións de Anxo Quintana, líder do BNG e vicepresidente da Xunta, lidas en La Voz de Galicia deste domingo (p. 10): «o BNG non ten atavismo contra ningunha forza política». Se consultamos o dicionario da RAG comprobaremos que o atavismo é:

1. Biol. Aparición nun individuo de certos trazos hereditarios propios dun antepasado remoto, que permaneceron sen manifestarse durante varias xeracións. 2. fig. Tendencia a volver a un estadio primitivo.

Así que… que carallo quixo dicir Quintana? Que lle poden saír rasgos hereditarios de algunha forza nacionalista precursora do Bloque que os predispoñan contra outros? Que non tenden a volver a un estadio primitivo? Ese estadio é a oposición? 😉

O dito: as eleccións non valerán para outra cousa, pero para rirmos… valen un cacho! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Mazagatismos

A conselleira de Sanidade é moi pouco sá para o idioma

Conselleira para a mala saúde do idiomaHoxe no Telexornal case me atraganto colléndolle patadas ao galego á conselleira de Sanidade, María José Rubio! Costoume saber se estaba falando en galego ou castelán… así que non sei se dicir que falaba mal castelán metendo algunha palabra en galego, ou ao revés! :-O Arrepiante, inxustificable nun cargo político tan importante, e totalmente insán para a saúde do noso idioma! 🙁

Escoitádea se tedes estómago!

6 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Patadiñas concentradas do presidente Touriño

O pasado día 29 de Novembro, o presidente da Xunta, Quemelío Pérez Touriño, demostrou a súa capacidade de concentrar patadas ao galego nun par de palabras, concretamente dicindo ao marxen. Analicemos o caso:
1) É marxe, non marxen (típico: cambias os G e J por X e xa parece que falas galego e todo!)
2) Marxe é feminino, non masculino. Polo tanto non sería ao senón á.
3) Pronunciou ao como dúas letras, cando se debe pronunciar como un único O aberto (o que antes se escribía ó e antiguamente mesmo ô).

Difícil meter 3 veces a pata en 2 palabras. Pero o noso presidente, é moito presidente! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Anorexia financiera

A linguaxe do presidente Touriño non soamente é digna de comentario polo seu curioso galego: tamén pagan a pena inventos metafóricos coma o que pariu onte: falando de recurtes recortes orzamentarios aos concellos acusou ao PP de querer levar aos concellos á anorexia financieira. Coidando que as múltiples definicións da anorexia teñen en común o factor definitorio a falta de apetito, concluimos que se refería a que os concellos perden o apetito polos cartos, que me dá a impresión de que non era o que quería dicir o señor presidente da Xunta. Tería sido mellor empregar unha expresión igual de figurada pero máis acertada como raquitismo financieiro ou desnutrición financieira. Pero que perdan o apetito polo diñeiro a min non me parece malo. O malo sería que o tivesen e non lles deran de comer! 😀

2 comentarios

Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas