Archivos de la categoría Galego inventado

Hainos que falan con xeito e outros que se trabucan a eito

Un presidente indeferente

Vamos, que ademais de non me facer caso na miña demanda a prol do seu bilingüismo, non ten a máis mínima deferencia: antonte na Radio Galego escoitei a Núñez Feixó dicir indeferente en troques de indiferente. Estes son os seus avances no galego? Manda carallo!

Por favor, que os orzamentos da Xunta para este ano reserven unha partida para darlle unhas clases urxentes de galego ao noso presidente!

2 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Por un presidente realmente bilingüe

Que Feixó aprenda galego XA!Quero desde este modesto blog facer un chamamento á institución responsable de coidar o idioma galego (Real Academia Galega) para que faga unha solicitude formal ao novo presidente da Xunta de Galicia o señor Alberto (alias Alberte) Núñez Feixó (alias Feijoo) para que deixe de patear a gramática e o dicionario galegos con cada unha das súas declaracións públicas supostamente neste idioma.

El que di defender o bilingüismo en Galiza, debería cando menos falar os dous idiomas. E cando digo falalos, loxicamente quero dicir falalos ben. Non é xustificable que cometa erros tan notorios e tan repetidos como a súa incorrecta colocación dos pronomes con respecto ao verbo. Se precisa un curso de galego, que o tome. E se reforma a educación en Galiza que o faga tendo en conta que o modelo que deu como resultado a súa mala competencia en galego (i.e. recibir todas as materias en castelán) non serve, e que habería que facer algo máis do que fixeron con el para que os rapaces realmente aprendan ben o idioma.

RAGSe quere que creamos que realmente defende e valora o galego, debería predicar co exemplo e tomar unhas clases intensivas e adicar unhas horiñas do seu valioso tempo en aprender a lingua propia do país, coa que pretende comunicarse connosco a cotío desde o seu posto de poder. Porque tamén é poder para contribuír a escarallar un idioma, e é unha responsabilidade súa (persoal e política) falalo ben para non contaminar a cotío os medios de comunicación públicos co seus castrapeiros léxico e gramática.

Polo tanto, que a RAG (que supostamente colligit, expurgat et innovat) non cruce os brazos e escriba xa esa solicitude formal para que presidente de Galiza fale o galego polo menos con tanta corrección coma fala o castelán. Eu tamén teño dereito a que o meu presidente me fale en galego. Ou seica iso non é liberdade e dereitos lingüísticos?

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Contaminación de masas, Galego inventado

Feixó to the power!!

Feixó pregunta por que as vacas teñen nome de muller! :-DEste home se algo ten é que enche a política galega de momentos hilarantes. Hoxe cando o escoitabamos pola radio dicir que «nós non nos acompañamos entre si« (querendo dicir entre nós, loxicamente) ou cando seica lle preguntaba a un home da aldea a ver por que as vacas tiñan todas nome de muller 😀

O dito: todo un crack. E canto máis ton áspero, case barriobaixeiro emprega (aínda lembro o seu último debate na TVG), máis ridículo está. Segue así, Albertiño, que nos lle pos moito humor a este circo electoral!

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas

'Non me dá a gaña de aprender ortografía'

Luisa Castro despreza a sua lingua Que lamentable estado o dunha lingua na que unha xornalista se atreve a facer defensa pública da ignorancia ortográfica! Se Podemos imaxinar a Luisa Castro escribindo en castelán e publicando semellante declaración nun xornal coma p.ex. El País? «No me da la gana de aprender las normas del castellano: tengo más prisa por leer el Corán».

Que lingua de segunda categoría temos, para que un profesional da mesma se atreve con tanto descaro a dicir algo así?!

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Colonización lingüística, Galego inventado, Otras patadas

Incertidume touriñesa

O pasado día 14 escoitei nas noticias da TVG ao presidente Pérez Touriño nunhas declaracións nas que afirmaba que «Non hai sitio para a incertidume…». Pois efectivamente, señor presidente, non hai sitio para esa palabra inventanda polo menos no dicionario: en galega dise incerteza. Claro que no dicionario de idioma touriñés se cadra si que hai sitio para ese tipo de palabras.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Cousiñas (da lingua)

CousiñasÁ hora á que me ergo adoita comezar un microespazo dentro do Xabarín Club chamado Cousiñas, producido por Galitoon para a TVG. É un espazo moi loubable para achegar aos máis pequenos á nosa (á súa) lingua. O malo son algúns erros lingüísticos que coido comprería correxir. Aparte dos deslices de Raquel, que semella ser castelán-falante ou cando menos neofalante de galego, por cousas que se lle escapan («¡Ahí va!», «os cores»…), a canción do final («Das cores e das formas») contén polo menos un castelanismo e un hiperenxebrismo (ilumina e brilantes, respectivamente). Debían coidar máis estes espazos, polo público ao que van dirixidos, que está a aprender léxico, e pola subvención pública que polo visto reciben.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Alonxar

Ruiz RivasO galego do voceiro do PPdeG é ben curioso. Sen ir máis lonxe ;-P onte escoiteno dicir que as medidas tomadas polo goberno alonxaban o horizonte de recuperación… ou cousa ao paso. O verbo alonxar é un calco do castelán alejar. Ruiz Rivas debeu facer unha regra de tres destas tan típicas do galego inventado dos nosos políticos e pensou: si lejos se dice lonxe, entonces alejar será… ¡alonxar! Eureka! 😀

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Aluaxe e fuxida suicida

Onte no Telexornal da noite falaron dunha banda de atracadores que se adicaban a roubar mediante o método do aluaxe , tradución incomprensible do alunizaje castelán. En castelán ten chiste porque é un xogo de palabras entre luna (cristal) e alunizar (posarse una nave sobre la Luna). Porén, en galego é absurdo ese xogo de palabras porque aos cristais non se lles chama lúas.

Pero aos poucos chamoume a atención outra expresión: a suposta fuxida suicida dos atracadores, perseguidos pola policía. Semella contraditorio, porque se fuxían non era para se mataren senón para que non os atrapasen. Imaxino que a desafortunada expresión foi debida a que fuxían en sentido contrario por unha estrada dun só sentido e a que ese tipo de condución adoita denominarse condución suicida. Pero cando se usa ese nome non é precisamente cando o condutor quere saír vivo e librar da cadea porque o persiguen as forzas da orde 😉 Todo o contrario dun suicidio!

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado, Otras patadas

Crisi

O noso benquerido Feijó, Feijoo, Feixó ou Feixoo ou como carallo se escriba (debería en calquera caso pronunciarse igual, co son fricativo /x/ galego), vai mellorando no seu galego, e faino letra a letra, fonema a fonema, xa que conseguiu quitarlle o ‘s’ final para dicir en galego o que en castelán é crisis: o pasado día 30 escoitelle en declaracións emitidas pola Radio Galega, dicir crisi. Xa só lle queda un pasiño para o pronunciar ben en galego: crise 😉

3 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Os pesares do noso idioma

Hoxe botando un ollo a unha publicación da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia, nun dos diversos artigos que teiman ao longo das súas páxinas na idea de que o turismo en Galiza vai ben malia a crise, leo nun subitular: «O turismo medra na nosa comunidade, a pesares da mala situación económica». E o artigo leva o logo de Turgalicia, así que non sei a quen haberá que outorgar o mérito desta noxenta expresión pseudogalega, porque o artigo non ven asinado: a CeHosGa? a Turgalicia? En calquera caso, tirón de orellas para os encargados da publicación, por permitir erros lingüísticos que non por extendidos (mesmo nos medios de comunicación) deixan de ser graves.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Ata na soupa (sic)

Os que rotulan as novas das Touriticias… perdón: do Telexornal da TVG, ademais do que xa me teño queixado por aquí de non ter nin idea dos cambios na normativa oficial que xa levan en vigor varios aniños, agora nos saen con estas invencións espectaculares: onte subtitulaban unha nova «Ratas ata na soupa«. Non sei, se cadra lles soaba como ropa->roupa e alá foi! Penso que unha TV pública debería mirar con moito máis rigor o idioma. Entre isto e o cubano que le ás veces o parte meteorolóxico na Radio Galega… vaia por Deus, ho!

2 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Formación que parece que forma pero…

A Secretaría Xeral de Emigración inviste 29.000 euros nun proxecto de formación virtual para estranxeiras no Concello da Coruña

Vamos, que parece que les forman, pero en realidad no aprenden nada, no es formación real 😀

Estos de la Secretaría Xeral de Emigración siempre tan ocurrentes con las denominaciones de sus proyectos… No hace mucho recuerdo que salían a los medios con algo de una red virtual de no sé qué cosa… ¡Mira que les gusta la palabrita! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas

Alguén debería prohibir esta publicidade

Mobelrías e o horrible galego dos seus anunciosAdemais de prohibirmos a publicidade enganosa, deberíamos ter unha lei contra a publicidade que atentase contra o idioma dunha maneira tan noxenta como o anuncio que nestes días botan pola Radio Galega dunha empresa de mobles chamada Mobelrías. Coido que non lle dei pillado todas as patadas que lle pegan ao dicionario de galego en poucos segundos pero velaquí van as que puiden anotar:
crisis por crise
axudásmosche por axudásmoste
sin intereses por sen xuros

Alguén pode dar máis patadas en tan pouco tempo? Bo, si, os nosos líderes políticos, pero a súa publicidade xa anoxa sen que lle faga falla ser lingüisticamente incorrecta.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

¿Enfermedad civilizatoria? Ferrol sufre abscesos

El divertido idioma del presidente gallego Emilio Pérez Touriño se extiende más allá de su dialecto propio (el touriñés, dialecto del castellano que se esfuerza por parecer gallego) y alcanza cotas interlingüísticas de amenidad. Hoy, al hablar de un acceso por carretera a unas instalaciones portuarias de la comarca de Ferrol (Ferrolterra) que llevaban por lo visto mucho retraso, comentó que Ferrolterra (…) todavía sufre o aceso. Veamos la frase porque da mucho juego en muy pocas palabras.

1) Por un lado se supone que estaba hablando gallego, pero todavía es palabra castellana.
2) Aceso se supone que es acceso (o ¿tal vez absceso?).
3) Que una ciudad o una comarca sufra de accesos es algo inusitado en un gobierno como el gallego, que como cualquier otro, se empeña en la adicción pública al asfalto, sin importar que estemos quedándonos sin petróleo y dentro de poco va a haber más carreteras que coches que se puedan costear la gasolina (y será cierto el chiste de aquel tal Abundio, que ya no será tan tonto).
4) ¿Quería decir en realidad carecer de accesos? …¿sufrir la ausencia de accesos? …¿?

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado, Otras patadas

Pasado perfecto

Sé que tengo este blog un poco abandonado últimamente, espero que esta pequeña patada gramatical os anime un poco en la espera hasta recobrar un poco el ritmo, cosa que sinceramente no sé cuándo podrá ser… ni si podrá ser.

Estaba yo revisando recortes de periódicos atrasados cuando vi esto marcado para publicar como patada. Bajo una foto en una noticia publicada en el suplemento de economía de La Voz de Galicia el pasado 12 de octubre… (ojo al dato) de 2007, leo: «Antonio Godó ha creado la firma en 1994″. Es decir, según indica la gramática del castellano eso quiere decir que aún estamos en 1994… es decir, el tiempo de referencia no ha terminado y por tanto usamos el pretérito perfecto.

En realidad la explicación es otra, como es lógico (la noticia fue publicada 13 años después del tiempo al que se refería la frase). En gallego no existen tiempos verbales perfectos y esto causa dos fenómenos en los hablantes de castellano que tienen como lengua materna el gallego o están muy influidos por quienes sí la tienen:
– por un lado usan equivocadamente el pasado imperfecto: (p.ej. Hoy ya le vi tres veces)
– por otro los hay que se arman tal lío que por hipercorrección usan demasiado el pretérito perfecto: (véase la patada mencionada).

5 comentarios

Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas

O apagón 'tecnolóxico' de hoxe na Fonsagrada e outras patadas radiofónicas galegas

Hoxe no noticieiro (Crónica) das 2 da tarde, pesquei estas:
– A locutora falou de que «a Fonsagrada é unha festa» porque seica van ter un «apagón tecnolóxico«. E non, non estaba augurando a que se nos ven enriba coa fin do petróleo e a fin da civilización industrial e electrificada, senón que quería falar en realidade do apagón analóxico (da emisións de TV) 😉
Touriño segue dando mostras do seu galego-touriñés, coa expresión «a próxima semán«.
Feixó é capaz de dicir na mesma frase dúas formas diferentes da primeira persoa plural do presente de indicativo do verbo ir: «non imos a… vamos a…» (e non era imperativo a segunda, non).

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado, Mazagatismos

Revista Retranca

Retranqueiros si, pero que maltrato ao galego!Chámame moito a atención, e me entristece, que esta -por outro banda gabable e mesmo por momentos divertida- revista, sexa tan pouco coidadosa coa lingua e polo tanto faga tan fraco favor á mesma. No seu número 1 declaraban rufos ser «a única revista en galego que non ten corrector. Un galego, unha normativa». Como carallada está ben, pero o problema desta publicación non é normativa, xa que moitas das súas patadas ao galego son gramaticais ou meramente erros ortográficos (vid. ese valeiros na capa do nº 2) e non opcións conscientes. Vexamos algúns exemplos do descoidado galego desta publicación, dirixida polo xa coñecido patadista Kiko da Silva:

Nº 2. P. 7: «e lle preguntei«.
Nº 2. P. 16: «se non houbese testemuñas aquí, che, che, che…»(…) «outras turbias labores».
Nº 2. P. 21: «Que se a miña nai atópame xogando coa comida mátame»
Nº 3. P. 3: «fai 20 anos» (…) «chinos« (…) «Papá Nöel foi máis enrollado e nos trouxo…»
Nº 3. P. 5: «chegar lo día» (????) «pensar que ía a morrer»
Nº 3. P. 9: «tí«
Nº 3. P. 4 (interior): «patateiro« (…) «colorido« (…) «serpente«
Nº 3. P. 8 (interior): «eres perfecto»
Nº 3. P. 14: «ahí«
Nº 3. P. 15: «estos» (…) «podais« (…) «se souberades o que vos espera»
Nº 3. P. 17: «¡foder (coido que é un castelanismo en troques de usar a interxección galega «carallo!») «mañana»
Nº 4. P. 3: «volvín a quedar»
Nº 4. P. 1 (interior): «sinala que os matrimonios nos que os seus membros tráganse«
Nº 4. P. 16: «dasche conta que« (…) «veu a vernos»
Nº 4. P. 17: «sí» (…) «home, sí« (…) «chingando» (seica non hai palabras en galego como alternativa a usar este mexicanismo -??- castelanizante??)
Nº 4. P. 21: «seguro que a crítica literaria faise así?»
Nº 4. P. 23: «e a isto o chama nómina?» (…) «o vexo negro»

Na derradeira páxina do nº 4, última liña seguen coa brincadeira: «Esa revista non ten corrector (menos mal que nos queda o Ortogal)». Coido que o deben ter estragado, pero ademais recomendaríalles un corrector gramatical ou simplemente, que deixen de presumir de non teren corrector e pagar a alguén que corrixa os seus rechamantes erros neste campo.

6 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Antolóxica patada dun tradutor automático

Non podía crer o que estaba lendo!!! Nunha nova que viña hoxe no Luns a Venres (p. 3), procedente da AGN e dun tal Enrique de Ron, titulada Condenada a 17 anos de prisión a muller que matou a sogra en Neda no ano 2002, líase:

Os nove membros do tribunal chegaron tamén por unanimidade á certeza de que o crime foi ideado con anterioridade pola acusada, como proban os testemuños dos dependentes de dous comercios da Coruña que lle venderon á procesada eslamiada e unha máscara antigás para lavar as pezas logo da mortal agresión.

Ao primeiro pensei: carallo, vaia maneira do xornalista de meterse coa acusada: chamala eslamiada! 😀 Pero despois deime conta de que o resto da frase non concordaba «…e unha máscara antigás», é dicir, non dicían «venderon á procesada eslamiada unha máscara antigás», así que pensei que «eslamiada» funcionaba aí como sustantivo, non como adxectivo e mirei no dicionario: imediatamente deime conta de que en castelán se pode traducir por «sosa» (cáustica, é un supoñer) e polo tanto estabamos diante dun clarísimo caso de mala xogada dun tradutor automático!!! 😀 Mala para o xornalista, para a axencia e para cantos medios o teñan reproducido sen revisar, pero boísima para min que rin un cacho longo! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Traduttore traditore

Doscentas =:-O

Non deixa de sorprenderme o estraño galego que amosan demasiados xornalistas que traballan na TVG. E digo eu: é que non hai xornalistas no paro que falen un mellor galego? Hoxe no Telexornal do mediodía, unha reporteira chamada Marcela Martín pronunciou unha forma do numeral 200 que non sei se chamalo galego, castelán ou castrapo: doscentas, ou polo menos iso me pareceu escoitarlle. Nin o incorrecto en xénero douscentas (errado pero comprensible) nin o correcto duascentas.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

A partires

Hoxe a presentadora do telexornal da TVG das 14:30 teimou co maldito a partires de… Seica os textos que len estes presentadores non pasan unha revisión lingüística, ou? Xa sabemos que a clase política do país fala un galego penoso, e que as declaracións improvisadas ou crónicas en directo de políticos ou xornalistas son terreo abonado para as meteduras de pata, pero cando falamos duns textos preparados de antemán, que menos que pasarlles unha revisión! Non é aceptable este tipo de erros nunha TV pública! Xa está ben!

9 comentarios

Archivado bajo Galego inventado