Quero desde este modesto blog facer un chamamento á institución responsable de coidar o idioma galego (Real Academia Galega) para que faga unha solicitude formal ao novo presidente da Xunta de Galicia o señor Alberto (alias Alberte) Núñez Feixó (alias Feijoo) para que deixe de patear a gramática e o dicionario galegos con cada unha das súas declaracións públicas supostamente neste idioma.
El que di defender o bilingüismo en Galiza, debería cando menos falar os dous idiomas. E cando digo falalos, loxicamente quero dicir falalos ben. Non é xustificable que cometa erros tan notorios e tan repetidos como a súa incorrecta colocación dos pronomes con respecto ao verbo. Se precisa un curso de galego, que o tome. E se reforma a educación en Galiza que o faga tendo en conta que o modelo que deu como resultado a súa mala competencia en galego (i.e. recibir todas as materias en castelán) non serve, e que habería que facer algo máis do que fixeron con el para que os rapaces realmente aprendan ben o idioma.
Se quere que creamos que realmente defende e valora o galego, debería predicar co exemplo e tomar unhas clases intensivas e adicar unhas horiñas do seu valioso tempo en aprender a lingua propia do país, coa que pretende comunicarse connosco a cotío desde o seu posto de poder. Porque tamén é poder para contribuír a escarallar un idioma, e é unha responsabilidade súa (persoal e política) falalo ben para non contaminar a cotío os medios de comunicación públicos co seus castrapeiros léxico e gramática.
Polo tanto, que a RAG (que supostamente colligit, expurgat et innovat) non cruce os brazos e escriba xa esa solicitude formal para que presidente de Galiza fale o galego polo menos con tanta corrección coma fala o castelán. Eu tamén teño dereito a que o meu presidente me fale en galego. Ou seica iso non é liberdade e dereitos lingüísticos?
Que lamentable estado o dunha lingua na que
Á hora á que me ergo adoita comezar un microespazo dentro do Xabarín Club chamado
O galego do voceiro do PPdeG é ben curioso. Sen ir máis lonxe ;-P onte escoiteno dicir que as medidas tomadas polo goberno alonxaban o horizonte de recuperación… ou cousa ao paso. O verbo alonxar é un calco do castelán alejar. Ruiz Rivas debeu facer unha regra de tres destas tan típicas do galego inventado dos nosos políticos e pensou: si lejos se dice lonxe, entonces alejar será… ¡alonxar! Eureka! 😀
Unha das cousas que máis me anoxan do galego actual que se emprega nos medios de comunicación é a súa asumida subordinación dunha lingua allea: en concreto -como non!- do castelán.
Ademais de prohibirmos a publicidade enganosa, deberíamos ter unha lei contra a publicidade que atentase contra o idioma dunha maneira tan noxenta como o anuncio que nestes días botan pola Radio Galega dunha empresa de mobles chamada Mobelrías. Coido que non lle dei pillado todas as patadas que lle pegan ao dicionario de galego en poucos segundos pero velaquí van as que puiden anotar:
Chámame moito a atención, e me entristece, que
Os supermercados propiedade do mesmo dono que a polémica Reganosa, os mesmos que quixeron lavar a cara con tremendo éxito coa campaña Vivamos como Galegos (pero pronunciemos como vallisoletanos, diría eu, á luz da fonética da dobraxe), axudada pola produtora BAP&Conde, a mesma que
RSS - Entradas