Archivo mensual: septiembre 2019

Carmina Burata

«O Fortuna» no manuscrito Carmina Burana. Fonte: Wikimedia Commons.

(Vaia, é incrible o tempo que levo sen actualizar este blog… Non chega o tempo para todo, está visto.)

…Pero a ocasión merecíao. Onte nun autobús (lugar privilixiado para captar patadas ao dicionario) escoiteille a seguinte deturpación divertida a un estudante de enxeñaría. Falando de música mencionou a obra Carmina Burana de Carl Orff (en concreto falava do seu arquicoñecido tema de apertura, «O Fortuna«, aínda que lle deu por erro o título da obra no seu conxunto), pero trocando o nome a Carmina Burata, de tal xeito que máis ben parecía o nome dunha teupa que protagonizara algún conto infantil (Carmiña Buratiña sería máis axeitado, daquela), ou dunha mineira ou enterradora…

Moi ben que a rapazada escoite obras mestras da música coma esa, mais a ver se se fixan un chisco nos nomes correctos, que non costa tanto.

Deja un comentario

Archivado bajo Otras patadas