Despois de todo o que ando a escribir e falar ultimamente sobre o cénit do petróleo e resulta que me enteiro aínda agora que se di cénite ou zénite en galego! 🙁 Mira que levo dado patadas, entón! Pois nada, como castigo reescribirei o termo en todos os lugares onde poida e ademais con z, que parece ser etimoloxicamente máis axeitado (seica procede do árabe a través do castelán antigo zénit).
Recoñézoo: para o meu pesar… eu tamén vos son (aínda) bastante castrapeiro! 🙁
Ben, pois resulta que tampouco parece estar tan claro. Aínda que en portugués escriben zênite ou zénite, e así aparece no dicionario Estraviz (aceptando tamén cénite), no dicionario da RAG aparece como cénit.
🙁